IV Foliada de Sada
Mércores, 26 Outubro 2011 10:28
O 31 de outubro ás 20:00 h na Praza Irmáns Suarez Picallo celébrase a IV Foliada de Sada que organiza a A.C. Queiroa. Ás 18:00 h haberá unha Foliada Infantil.
Tamén se celebrara o:
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS
BASES DE PARTICIPACIÓN
1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.
2. A participación no concurso requirirá
a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.
3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de
inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas.
A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo
electrónico, o mesmo día da inscrición.
5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente
galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.
6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
7. Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 150 €
2º Clasificado: 100 €
3º Clasificado: 50 €
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 €.
8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.
Para calquera dúbida, chamar ao teléfono: 615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)