Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Festival folclórico de Cantodorxo

Festival folclórico de Cantodorxo

Festivais, Foliadas, Romarías

A Asociación Cultural Cantodorxo celebrará o próximo sábado, a partir das nove da noite, a edición número quince do seu festival folclórico. A cita será na praza do Corgo, fronte á casa consistorial meca.

Nesta ocasión, ademais da actuación da Escola de Baile Tradicional Cantodorxo, os asistentes a esta cita poderán gozar coas pezas interpretadas pola Escola de Baile Tradicional Meiramar-Axouxeres, procedente de Moaña.

http://www.lavozdegalicia.es

http://www.cantodorxo.es/