Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Os Caneiros Gaiteiros (Betanzos)

Os Caneiros Gaiteiros (Betanzos)

Festivais, Foliadas, Romarías

A Asociación Cultural A Fuliada pretende xuntar nunha xornada festiva a músicos, bailadores e xente amante do noso folclore, así que andan a argallar Os Caneiros Gaiteiros en Betanzos. Será o próximo día 13 de agosto.

Xuntaranse pola mañán sobre as 12:30 h no paseo da tolerancia, o carón do río Mandeo para tomar uns viños e amenizar algunha que outra taberna mentres esperan a que chegue a xente. As 13:30 h embarcaran, e iran río arriba cara o campo dos Caneiros. No camiño pararan a xantar. Cada quen que leve a sua comida.

Nin que decir ten que podedes traer os vosos intrumentos para ir tocando, cantando e bailando durante a viaxe e despois de chegar ó campo.

Como teñen plazas limitadas na embarcación, sobre 50 persoas, puxeron unha data tope para que vos apuntedes: o 8 de agosto. Si tedes algunha dubida, falade con eles, Andrés: 667.455.377 Catuxa: 660.399.806 Pili: 620.850.422 ou mandade un correo: fuliada@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo O prezo para pasar o dia será de 12 euros.

www.frouma.com