Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Festa da Conrobla

Festa da Conrobla

Festivais, Foliadas, Romarías

O sábado 9 de Xullo celébrase, nos  terreos Piscina Municipal de Boimorto, a  Festa da Conrobla (Serán ou Foliada ó xeito de Boimorto), organizada pola A.F.C. Os Santiaguiños de Boimorto.

A festa da  Conrobla é esta unha xornada festiva aberta e participativa: xuntanza de moz@s e maiores,  de pais e fillos,  para desfrutar da nosa música, do baile, dos xogos e do xantar.

Comezaremos xa pola mañá, cunha sesión vermú e actuacións musicais. Logo podedes xantar con nos a prezos populares, e visitar a nosa feira de artesanía e produtos locais. Pola tardiña, xogos tradicionais e  interesantes obradoiros de baile e percusión de balde. Xa no serán, cea organizada pola asociación e a actuación do resto de grupos participantes... e baile e festa ate que o corpo aguante, con fogueira e chocolate quente incluidos!

Sabede tamén que contamos con zona de acampada, por se alguén quere ficar a durmir despois da festa.

Se queredes vir a tocar, ou que o voso grupo baile ou actúe, ou propoñernos outras actividades, estamos abertos a suxerencias e achegas. Sabedes que convidamos a xantar ou cear a todos os que participen, sempre que nos avisedes con antelación.