Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Reunións, actos, ... / Convocatória Asemblea - Sábado 23 de abril de 2005 - Pontevedra - 11:00 am

Convocatória Asemblea - Sábado 23 de abril de 2005 - Pontevedra - 11:00 am

Reunións, actos, ...




Asamblea aberta no Teatro Principal de Pontevedra (detrás do concello)
ás 11.00 horas do sábado 23 de abril de 2005 onde a AGG exporá o seu parecer sobre o tema do convenio entre a Deputación de Pontevedra e a Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.


Compañeir@s,

Por mor da creación de cinco escolas de gaita por parte da Deputación de Pontevedra en convenio coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o colectivo de escolas, grupos, asociacións e músicos tradicionais de Pontevedra convoca una Asamblea multitudinaria e roda de prensa no Teatro Principal de Pontevedra para expor o noso punto de vista sobre este triste e inesperado asunto.

Pregamos que corrades a voz e que esteades con nos o vindeiro sábado, 23 de abril ás 11 da mañán, para apoiar o acto de protesta por este inxusto convenio que volve a primar ás bandas de corte escocés en detrimento da cultura musical tradicional galega.

Contamos con vos.