Asociacion de Gaiteiros Galegos

Festiletras 2011

Festivais, Foliadas, Romarías

A A. C. Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal presentaron o programa da 29ª edición do Festiletras 2011 que conmemora o 150º aniversario da publicación da primeira parte do poema A Campana de Anllóns de Eduardo Pondal.

O Festiletras, que un ano mais se celebra ao longo de nove días con multitude de actividades nas que a lingua esta presente, arrancou o pasado 14 de maio, e rematará o vindeiro domingo 22, no que terá lugar o máis grande festival de música infantil nunca habido na Costa da Morte coa participación de Magín Blanco e Iván Prieto co espectáculo “A nena e o grilo”; Pablo Díaz e a súa banda co concerto de “Tic-Tac”; e Mamá Cabra con “Ola-Ola”. O concerto será presentado polo televisivo Xosé Antonio Touriñán e tamén contará coa animación de Peter Punk.

http://xuventude.xunta.es

Descarga o programa completo