Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Foliada homenaxe a Pepe Temprano

Foliada homenaxe a Pepe Temprano

Festivais, Foliadas, Romarías

O vindeiro 16 de Maio no antigo matadeiro de Betanzos.

"En 1956 chegaron a estar no Caribe tres meses e medio coa intención de actuar en Santo Domingo e México, pero por cuestións políticas tiveron que quedar actuando en Cuba.
Alejandro xa deixara de tocar definitivamente nos anos 50 para adicarse á súa carreira política, que desembocaría no cargo de tenente alcalde do concello da Coruña. En substitución deste entra Fernando Álvarez Pardo, traballador tamén da Fábrica de Tabacos como Xosé. Nesta empresa chegaron a formar unha coral e un grupo de baile (1958). Pero os Tempranos de Eirís xa viñan colaborando co grupo da Sección Femenina dende os anos 40.

(Prema no titulo para ler a nova completa)

Moito despois tocarían tamén acompañando aos grupos de baile Eidos, Aturuxo, á coral Follas Novas e ao Ballet Galego Rey de Viana, pero xa coa última formación do grupo, Fernando Álvarez, Temprano Castro, Temprano Mariñas e Jaime Rey. Nesta última etapa do cuarteto na que entra o fillo do fundador, Pepito Temprano, é cando o grupo desenvolve unha grande actividade percorrendo a Península Ibérica, Holanda, Francia, Inglaterra, Bélxica.
Na fábrica de Tabacos coincidiron co Maestro Anta Seoane, e Fernando Álvarez e Pepe Temprano aproveitaron moito os seus coñecementos, xa que este músico xa era membro numerario da Real Academia de Bellas Artes da Coruña.
A pervivencia musical e histórica dos Tempranos de Eirís continúa na figura de Pepe Temprano, que segue en activo como gaiteiro na agrupación Eidos da Coruña e atesoura unha das colección tanto discográficas como de instrumentos musicais máis extensa de Galicia".

http://fuliada.blogspot.com/