Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / SOS de Mercedes Peón segue dando que falar

SOS de Mercedes Peón segue dando que falar

Discografía

SÓS, o cuarto traballo discográfico de Mercedes Peón, chegou ao número 1 da WMCE (World Music Charts Europe), a lista das Radios Europeas, elaborada por 47 xornalistas de 25 países que teñen programas nas radios públicas de toda Europa.

(Prema no título para ver a nova ao completo)


A prestixiosa revista Songlines elixiu SÓS: Top of  the World e incluirá o tema "Anacos" no CD da súa edición de Marzo.

 


Disco Favorito en Globalsounds (Alemaña)


Album destacado en Raio France Internacional

"Mercedes Peón confirma o seu posicion na Vangarda da escena musical española e Europea"  (Songlines)


"SÓS está cheo de xente, de imagenes, de diomas, de rúas, de mensaxes... " (Babylon Magazine)


"Mercedes Peón é unha das artistas mais autenticamente orixinais da escena musical española"
(The Guardian UK)


"Con profundas raíces na música tradicional popular galega, nun contexto ultra-moderno, traballa con loops e mostras do modo máis natural. Un disco fresco que fai tremer de inspiración, enerxía e musicalidade en infinitas cores. "
(GP Kultur & Nöje Bélxica)

"Producido e mesturado por ela mesma, "SóS" é unha sofisticada mestura electro-acústica, ancestral, vangardista e feminina. Simplemente, única. "
(Mondomix, Francia)

"Como a propia Mercedes, SóS é dramático, valente e individual rompendo todos os moldes do folk actual, pero mantendo e conservando as liñas máis profundas da auténtica tradición"
(Froots magazine, UK)

Mercedes Peón ten máis dunha alma no seu peito (...) O seu mundo musical é, profundamente arraigado e vangardista, xoguetón e excéntrico, sedutor e acolledor. E garanto que ela non copia a ninguén.
(Globalsounds, Alemaña)

A súa música é certamente atmosférica (...) o que realmente fai ben Mercedes Peón é a amálgama rítmica, que funde na electrónica os instrumentos tradicionais dun modo natural.
(SVD, Suecia)


FELICIDADES MERCEDES!!!