Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / `Alborada do Brasil´, de Carlos Núñez, premio da crítica en Alemaña

`Alborada do Brasil´, de Carlos Núñez, premio da crítica en Alemaña

Discografía

O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

O músico galego Carlos Núñez acaba de finalizar unha xira por Alemaña e Suíza que lle levou a dar trinta concertos nos que presentou o seu último álbum, Alborada do Brasil. A música do gaiteiro non só cativou en directo, senón tamén en disco, xa que o seu cedé foi distinguido co Premio da Crítica alemá, que o cualificou de «obra artística excepcional». O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

Alborada do Brasil terá continuidade nun novo proxecto, o documental O Soño do Brasil, que se estrea dentro dun mes, e que supuxo catro anos de traballo. Ademais, segundo informou o representante de Núñez, pouco despois darase a coñecer a música que gravou para o Grupo Corpo, un dos mellores ballets contemporáneos de América Latina, e que dedicou o seu espectáculo ás cantigas de Martín Codax.

La Voz de Galicia