Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / Quempallou presenta "Once anos mallando"

Quempallou presenta "Once anos mallando"

Discografía

O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro. O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: “let’s go, Quempallou!!”.

Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.

Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser.  

XA Á VENDA!!!

Quempallou – Once Anos Mallando. 2010 Zouma Records