Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / Novo traballo do grupo Leña Verde

Novo traballo do grupo Leña Verde

Discografía

O grupo Leña Verde, relacionado coa Asociación Cultural homónima acaba de editar o seu terceiro traballo discográfico  A Contratempo artesanía musical con temas tradicionais e de autor creados e arranxados seguindo as liñas do folk e da música patrimonial galega.

(Para ler a nova ao completo prema no título)

Leña Verde de Pol é unha Asociación Cultural adicada á promoción e recuperación do patrimonio inmaterial cultural galego, nomeadamente o musical. Conta con máis de 15 anos de traballo ás costas, destacando a labor do grupo folk, que xa grabou 3 discos nos que mistura música tradicional con arranxos propios e influencias de outras músicas do mundo. A formación, en activo dende o ano 1994 e cun carácter eminentemente instrumental, incorpora para este disco dúas voces que interveñen en tres dos 12 temas.  INTÉRPRETES:
Noemi Basanta e Begoña Coya: Voz, pandeireta e pandeiro.


José Blanco: Acordeón.

José Antonio Brañanova: Bombo.

Luis Cedrón: Guitarra acústica.

Lucía Cedrón: Piano, teclados.

Jorge Freire: Contrabaixo.

Pablo Huertas: Acordeón.

Carlos Abraira: Gaitas (Do, Sib), tin whistle, triángulo.

Jesús Penelas: Saxo alto.

Eulogio Rivas: Guitarras eléctrica e acústica.

Javier Rodríguez: Saxo alto.

Darío Tella: Saxo tenor.

Óscar Trigo: Gaitas (Do, Sib), tin whistle, saxo soprano, piano e programacións.

Rubén Trigo: Tamboril, tarrañolas, bombo, caixón, udu e shaker.

COLABORACIÓNS:

Naír G. Abelleira: Recitado en (1).

Dani Flaco: Guitarras eléctricas e acústicas en (7).

Bruno Villamor: Gaita en Do en (9).

Manuel Vázquez: voz en (12).

Xaneco Tubío: pandeireta en (12).


PEZAS:

1. A contratempo (1:42). NAÍR G. ABELLEIRA / ÓSCAR TRIGO

2. Albor en Hío (4:10). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

3. Vira o vento e muda a sorte (3:47). CARLOS ABRAIRA

4. Cantarela (2:59). TRADICIONAL / BEGOÑA COYA

5. Porto Rielo (2:30). ÓSCAR TRIGO

6. A Farruca (2:54). TRADICIONAL / JAVIER RODRÍGUEZ

7. Rumba das nenas (5:52). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

8. Lembranzas (4:04). JAVIER RODRÍGUEZ

9. O burriño (2:31). PEDRO LAMAS

10. Malpica (4:17). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO

11. Auga en Marte (3:31). DARÍO TELLA / CARLOS ABRAIRA

12. Panadeiro de Berlán (4:58). TRADICIONAL / ÓSCAR TRIGO


LIGAZÓN COA TENDA WEB DE LEÑA VERDE, ONDE SE PODE ADQUIRIR O CD:

http://acontratempo.xopie.com/-- Leña Verde
www.acontratempo.com