Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / As galego-belgas Ialma presentan 'Simbiose'

As galego-belgas Ialma presentan 'Simbiose'

Discografía

Cinco mulleres belgas de raíces galegas que levan dez anos facendo música de raíz aberta a todas as tendencias. Agora presentan 'Simbiose', un traballo para o que contaron con moitas colaboracións artísticas.

Ialma ten en Bélxica o seu lar. Alí emprenden os seus proxectos e con distintas entregas levan dez anos de traxectoria que agora queren transportar e simbolizar nun traballo que indisimuladamente titulan Simbiose. A súa década de vida artística e musical amplíase nunha homenaxe a artistas, lugares e disciplinas artísticas propias do país. Todo un monllo que afina e concreta para esta ocasión boa parte da historia do grupo.

(Prema no título para ver a nova ao completo) Henrique Otero, Casa de Xantar O 16, Marco Méndez, David Aranda, El Puto Coke, Obradoiro Seivane, Carlos Blanco, Xavier Queipo, Adega Terras Gauda e Serxio Cobos quedan contextualizados no agradecido libreto do álbum que se acompaña de fotos e textos paralelos. Nos seus concertos, Ialma pon unha escena no palco preparada pola coreógrafa italiana Katina Genero, que se suma á evolución do traballo vogal que ofrece unha dimensión máis cosmopolita que, en ningún caso, esquece as raíces. As mulleres dos grupo andan a preparar unha xira por diferentes cidades de Europa.

Un traballo no que o son tradicional característico das cantareiras mestúrase con cancións, melodías e arranxos contemporáneos que as compoñentes de Ialma entenden precisos para ofrecer “unhas cancións moi frescas e alegres e unha combinación intelixente entre tradición e pop”. Sons que parten do rap ou atmosferas de música medieval súmanse a composicións propias nadas do patrimonio cultural galego. Un corte de Simbiose baséase nunha melodía tradicional do Quebec, “Na iauga”, que o grupo recoñece que montou para “bailar e cantar”. Outro tema do albúm é un claro tuneado musical baixo o título de "Dance Like A Galician". Ialma compóñeno: Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica Codesal. Mozas de Bruxelas con conexión musical e vital con Galiza.

www.anosaterra.org