Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / Pradairo presenta novo disco: Pateado

Pradairo presenta novo disco: Pateado

Discografía

Desde o seu nacemento no outono de 2006 o grupo Pradairo adicou a súa andaina a afianzar paso a paso unha liña musical propia. Así comezou na primavera do ano 2007 gañando o certame de música folk Radio-Obradoiro, gravando máis tarde o seu primeiro disco (Aliaxe), e acadando o segundo posto no concurso de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient 2009.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Todo este camiño desemboca na publicación do seu segundo disco "Pateado" no que Pradairo aposta por consolidar a idea musical para a que naceu, a reelaboración e a mestura de todas as caras que adoptou ó longo do tempo a expresión musical en Galicia.

O concerto terá lugar o sábado 22 de xaneiro de 2011 ás 21h no Centro Sociocultural A Ramallosa, Teo.

Agardámosvos.

Entrada 3€, nen@s de balde.