Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / Novo disco de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Novo disco de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Discografía

Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.

“Convidámosvos a durmir”. Esta é a invitación que incluirán Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construídas dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.

Ademais, o disco incluirá 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participarán outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.