Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / "XXI", o novo traballo discográfico de Noitarega

"XXI", o novo traballo discográfico de Noitarega

Discografía

Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto),

Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.

Como adianto á saída deste traballo, no myspace de Noitarega (www.myspace.com/noitarega) podedes ver o tráiler promocional de "XXI" (http://www.youtube.com/watch?v=qT9etkyTw7Y&feature=recentlik) e escoitar seis das pezas que compoñen o traballo, ademais dos concertos e de todas as novas do grupo, como a Presentación Oficial que fará no Fórum Metropolitano de A Coruña o vindeiro 25 de Xuño ou a entrevista deste sábado día 12 no programa Lume na Palleira de Radio Galega Música, onde se sortearán entre os oíntes varios exemplares do disco.

 

 

 

Logo de dez anos dende o lanzamento do seu derradeiro disco, o grupo de música tradicional galega Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o seu novo e agardado traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus 21 anos de existencia.