Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía / Presentación disco dos TREVILLAS

Presentación disco dos TREVILLAS

Discografía

O vindeiro sábado 22 de outubro de 2005, no Auditorio Municipal CINE ALOVI de As Pontes, o grupo "Os Trevillas" fará a presentación do seu primeiro traballo discográfico.

Os Trevillas é un grupo de música tradicional que comezou a súa andaina no ano 1993, e está formado por oito compoñentes: catro gaitas, dous tamborís, un bombo e un acordeón.

Interpretan música tradicional galega, dedicando parte dos seus esforzos a traballos de recolleita de pezas tradicionais.


Se desexas consultar o anuncio enviado polo grupo, fai click aqui!