Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Folc / Leña Verde

Leña Verde

R/ Xoán Montes, 33 - Mosteiro

27270 Pol - Lugo

Teléfono: 657 876 450

e-mail: informacion.lvp@gmail.com

Web: http://www.acontratempo.com/

Recollendo o testigo dunha formación escolar homónima que existira no concello de Pol durante os anos 50 e 60, Leña Verde inicia a súa actual etapa no 1994, xuntando a un grupo de amigos -dous deles membros da formación histórica- arredor da festa e da música tradicional. Co paso dos anos o grupo musical define a súa liña de traballo e unha estrutura que, con cambios nalgúns compoñentes, se mantén ata a actualidade. Deste xeito, e tras un traballo lento e progresivo, conséguese crear un repertorio propio que amplía pouco a pouco a súa difusión grazas a actuacións por todo o país e fóra del (especialmente en Portugal e Barcelona) e tamén ás gravacións discográficas (cun primeiro álbum -"Leña Verde de Pol"- de 1998, outro -"Lares"- editado no 2003 e o máis recente "A contratempo", publicado en decembro do 2010). A incorporación dunha sección de danza e baile en 1997 proporciona un compoñente fundamental que, non estando presente nas edicións discográficas, si ten un importante peso no directo.