Asociacion de Gaiteiros Galegos

Ensinantes

Bruno Villamor Gay

     Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978). Titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional dende moi neno recibindo clases de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc.

     Membro fundador do grupo Caldaloba de Lugo co que ten editado o cd As Córes da Música (Sons Galiza, 1999). Membro fundador do grupo Os Minhotos co que ten editado o cd Pinga d’Auga (2013). Na actualidade desempeña a súa faceta de gaiteiro e compositor nos grupos Zoelas (co que ten editado o cd Tesmenteira), Tango en Xan3iro (co que ten editado o cd Meu Pitiño) e A Vagabán.

     Entre os diversos galardóns obtidos destacan o 1º Premio do Concurso Sons Folk 98 acadado como membro do grupo Caldaloba, finalista do 24éme e 26éme Trophée Interceltique pour soliste de gaita Mac Crimmon (Lorient 2012 e 2014) e os dous accésits acadados no Concurso de Gaita Constantino Bellón nas edicións XVI e XVIII.

     Na actualidade combina a dirección artística da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” coa impartición de clases de gaita, requinta e percusión tradicional. Ten impartido diversos cursos en Galicia (XVI, XVII, XVIII, XIX e XX Curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cántigas e Frores de Lugo; Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega (2006) no Conservatorio Profesional de Ourense; Os Ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física (2008) na USC) e na Galicia exterior (Unity Galega de New York; Centro Galego de México DF; Centro Galego de Santander; Centro Galego de Vitoria; Irmandade Galega de Euskadi; Casa de Galicia de Ponferrada...)

     Ao longo da súa carreira realizou varias publicacións: a serie Temperando Iniciación (editorial Dos Acordes) método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que consta de catro volumes; dous volumes da serie Temperando Intermedio (editorial Dos Acordes) A Evolución da Música Tradicional Galega (libro publicado polo Concello de Santiago de Compostela do que é coautor), o artigo Cántigas e Frores publicado na revista Etno-folk, Cántigas e Frores “60 anos de tradición”. Editorial Cántigas e Frores e O Gaiteiro de Santo Xusto “O son da Ulloa”. Edición propia.

     Participou na gravación de diversos discos como son o XIII, XVI, XVII, XVIII e XIX Constantino Bellón, I Certame de Gaita As Mariñas de Betanzos, Mira como veño (do grupo Cantatí), Contratempo (do grupo Leña Verde de Pol) así como no proxecto Trece Lúas organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos gravando gaitas e requintas.

 

Xabier Iglesias

Mestre de baile tradicionalxabi

Formado en baile tradicional nas escolas de baile de Cántigas e Frores, Xacarandaina e Cantigas e Agarimos. Profesor diplomado pola Deputación e o Concello de Lugo. Recibiu clases de danza contemporánea, clásica, así como bailes de salón e danzas do mundo.

Formou parte dos grupos de baile de Cántigas e Frores , de Cantigas e Agarimos.

Dende o ano 1990 ven compaxinando a laboura de investigación de cultura tradicional coa de promulgación e ensinanza da mesma.

Promotor e fundador de asociacións e grupos coma Reviravolta, A Volta do Agro, Cantatí e ProxectoDanza.

Director durante 10 anos do grupo e as escolas de baile de Cántigas e Frores. Coautor do libro/dvd “Así fan os bailadores”. Dirixiu o espectáculo de fusión de baile tradicional “Latexo” coa compañía ProxectoDanza.

Foi profesor das “Escolas Abertas” da Xunta de Galicia.

Actualmente compaxina a direción da súa escola de bailes tradicionais no Espazo artístico 10 e a produción de obras que axuden a divulgar o baile tradicional aportando unha nova ollada con espectáculos como “moendo muiñeiras” e “Verbena Galega D´antes” coas súas clases na Tradescola, no colexio e Escola de Música de Fingoi e en varias asociacións da provincia de Lugo.

 

Branca Villares Naveira

brancavillaresNaceu en Lugo no 1980. Filla de gaiteiro e de formación musical maiormente autodidacta, a  comezos dos 90 formou parte dos Colectivos Culturais María Castaña e Reviravolta de Lugo. Despois, durante case 10 anos en Liñaceira, referente pra ela na experimentación vogal e nas percusións, traballando sempre coa música galega e portuguesa como base.

Ao longo dos anos, foi percorrendo a montaña lucense, e outras partes do país,  aprendendo ritmos e melodías de man das mulleres e homes que de vello os interpretaron (informantes e grandes mestres), cunha especial querencia polas culturas  raianas e a vertente sociocultural e lúdica da música.

Leva colaborado con multitude de inciativas de divulgación e socioculturais, teatro, didáctica pra cativ@s e formacións corais, contemporáneas, orquestais, jazz, rock... e entende que as pandereteiras son cultura viva, capaces de enriquecer todas as expresións musicais posibles, comezando pola propia. E pra iso, segue aprendendo a diario.
Actualmente, forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de Canto tradicional e  Pandeira, pandeiro e pandeireta, así coma de iniciación musical pra cativ@s en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.

 

Jose Manuel López Fernández - "Josele"

joseleNaceu en Vedra - A Coruña, no ano 1977. Comezou os estudos musicais baixo os auspicios de Delio Represas Carrera, con tan só 12 anos. Posteriormente estudiaría gaita galega, frauta de bico, clarinete e saxofón nos conservatorios de; Santiago, Profesional de Vigo, Conservatorio Mayeusis, Universidade Popular de Vigo e Conservatorio Folque de Lalín.

A súa formación nos distintos instrumentos foi complementada con Mestres de renome como: Joan Enric Luna, Xavier Pazos, Martín Baleirón ou Walter Boeykens (clarinete), Alejandro Cimadevila (saxofón), José vicente Egea e Marcel Vann Bree (dirección de banda), Paulo González (frauta de bico), Hermenegildo Fernández ou Juan Casalderrey (construcción de elementos sonoros da gaita), Edelmiro Fernández (gaita) e Patrick Molard (música bretona e escocesa).
 
Premiado como solista en diversos concursos de música tradicional como son o Memorial Manuel Villanueva e Memorial Manuel Dopazo, colabora con frecuencia con grandes agrupacións musicais e intérpretes, evidenciando así a súa gran versatilidade. Algúns deles son a Agrupación Instrumental Harmonía, a Banda Sinfónica de Galicia, Lorena Lores e Andrés Suárez entre moitos outros.

Tamén, participou na gravación de múltipes traballos musicais como Kerkennai "Un soño cotian das bolboretas", un dos mais recentes. Foi subdirector da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e Director da Banda de Música Xuvenil de Forcarei e da Banda Municipal de Ribadumia.

Actualmente compaxina a súa actividade como solista coa docencia en agrupacións e escolas de música como a Tradescola

 

Roberto Rodríguez Páramo

Enxeñeiro técnico industrial e enxeñeiro ambiental, pandereteiro e bailador.roberto pq

Dirixe o grupo de baile e música tradicional Os D'eiquí de Taboada e a escola de pandereteiros de Cántigas e Frores de Lugo, alén de dar aulas de baile, percusión e canto tradicional en diversos puntos da xeografía galega.

Formou parte do grupo de música e baile tradicionais Brincadeira de Santiago de Compostela e do Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro de Lugo. Actualmente é bailador e pandereteiro na asociación cultural Cántigas e Frores de Lugo.

Así mesmo, é membro fundador do grupo de pandereteiros Os TreVellos, cos que impulsa labores de recollida e recuperación do patrimonio inmaterial por todo o país.

 

Miguel Anxo López Buján

Formouse con Francisco Estévez “Chuco” no Conservatorio de música tradicional de Lalín(2005).

chino pq

Así mesmo, estudou o grao profesional de percusión clásica (2010) e batería na Escola municipal de música moderna e jazz de A Coruña (2010) co mestre Miguel Cabana.

A súa actividade docente abrangue diversas escolas e asociacións culturais da provincia de Lugo. Alén diso, nos últimos anos tamén impartiu numerosos seminarios de percusión tradicional dentro e fóra do contexto galego. Neste sentido, cabe destacar a súa participación na MuziekPublique de Bruxelas ou nos ofertados pola sociedade Galega de Bonn. Foi docente en varias edicións do Curso de Música Tradicional da Granxa de Barreiros, do Curso de Cultura Tradicional de Cántigas e Frores, das Xornadas de Cultura Tradicional de Ribadeo e formador colaborador das entidades galegas para o exterior da Xunta de Galicia.

Actualmente, é percusionista en Pepe Vaamonde Grupo, Cristian Silva EGO band, así como no cuarteto Efecto Polilla e Acibreira. Colabora tamén con outros grupos e gaiteiros de renome dentro xeografía galega.  

Germán Díaz

Germán Díaz naceu en Valladolid en 1978. foto germn daz feita por ruyman

Cursou os seus estudos musicais na capital castelá-leonesa na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o Curso de Postgrao de Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición.

Posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, ou Valentin Clastrier entre outros.

Perteneceu á Viellistic Orchestra, orquestra de zanfonas integrada por algúns dos mellores zanfonistasdo mundo, que desaparecería no ano 2004. Trala desaparición da agrupación, Germán, formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, amais de cofundar o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.

Actuou por todo o mundo (Colombia, Brasil, Alxeria, Rusia, Francia, Italia, Portugal, Austria, Bélxica, Alemaña, Bulgaria, Marrocos, Eslovenia, Finlandia, Suíza, Países Baixos, Noruega, Moldavia, Ucraína, Mauricio , Estonia, República Checa, Eslovenia, China ...) en prestixiosos escenarios e festivais como o Teatro Real de Marrakech, ConcertGebaum de Amsterdam, Universidade de Colombia, Reales Alcázares de Sevilla, Carnaval Jazz de Odessa -Ucraina-, Casa de arquitectos de Moscova, Amuz -Amberes-, StansMusic Festival -Suiza-, Storas Festival -Noruega-, European Jazz Night Festival -Oslo-, UER Festival-Finland-, Ethno Jazz Festival -Moldavia-, Centro Kulturbrauerei -Berlin-, Music Nits Fundación Miró -Barcelona -...

Colaborou con numerosas formacións e intérpretes como Uxía, Rao Trío, Viellistic Orchestra, Wafir Shekeldin Gibril, Pascal Lefeuvre, Valentín Clastrier, Joaquín Saura, Cuarteto Medieval de Urueña, Paolo Angeli, Baldo Martínez, Tasto Solo

Publicou numerosas obras como solista e colaborou en máis dun centenar de gravacións. Compuxo B.S.O. para cine, teatro e televisión.

No ano 2004 creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de zanfonistas -como Marc Egea, Matthias Loibner...-

Ten acadado numerosos premios e recoñecementos, e está considerado como un dos mellores zanfonistas do panorama actual. 

 

 

Alberte Núñezfoto alberte

Músico e mestre. Compaxina a súa actividade como acordeonista e arreglista coas clases en asociacións das provincias da Coruña e Lugo e impartindo talleres
sobre o instrumento e concertos didácticos.
Como intérprete, participa en formacións coma Comando Curuxás, Os Viqueiras de Ordes, DúbidaDúo Trío e proxectos que conxugan poesía e música como Molime
(Pondaliana), ademáis de actuacións en solitario. En paralelo, ten colaborado e tocado con artistas como Tiruleque, Pablo Díaz, Pablo Pascual, Xurxo Souto...
Nos últimos anos, participa nos arranxos e gravacións de diversos traballos discográficos, baseados nas músicas tradicionais e patrimoniais, mais incorporando
sons e técnicas doutros ámbitos coma o jazz e blues, choro, klezmer, folc, etc.
A pesares de ter comezado na música con 8 anos, estudando no conservatorio e asistido a diversos cursos e talleres, continúa na actualidade a súa formación con
mestres de diferentes ámbitos musicais.

 

 

 Lucía Eiros

Comeza os seus estudos de gaita e clarinete na Escola Municipal de Música de Meira da luca - pq man de Bruno Villamor, José Ramón Saborido e Marisa Dapereira, realizando o Grao Profesional nas especialidades de gaita e clarinete. Posteriormente estuda o Grao Superior na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa mestra Rebeca Carrera, e complementa os seus estudos co Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, na especialidade de música. A súa formación instrumental é, ademais, ampliada por cursos
realizados con referentes do mundo da gaita e do clarinete.
Compaxina a docencia coa actividade musical formando parte grupos como Fiandola, a Murga e a Banda de Gaitas de Cántigas e Frores, Lucus Ensemble e a Banda Filharmónica de Lugo, nos que desempeña as súas facetas de gaiteira e clarinetista.
Así mesmo participa en diversas gravacións, coma O gaiteiro de Santo Xusto: o son da Ulloa (2017), proxecto levado a cabo por Bruno Villamor, o traballo 70 anos (2019), da asociación Cántigas e Frores e o disco Cordame (2019) de Fiandola.

 

 

 

 

Outros ensinantes que pasaron pola Tradescola

Uxía Cribeiro Galego

Actualmente, mestra en Galén Centro Educativo e profesora de canto na escola de música Cantarela.

Ten formación en canto tradicional , en técnica vocal , percusión tradicional e canto no conservatorio Folque de Lalín, así como un Posgrao en música tradicional pola Universidade de Santiago de Compostela.

Así mesmo posúe experiencia en agrupacións tradicionais. Foi membro no grupo Alfolíes e actualmente é compoñente do grupo Pesdelán.

 

Mª Luisa Dapereira Portela

Esta chairega comeza os seus estudos musicais con dez anos, combinando a súa formación musical académica de acordeón coa de piano. Remata tanto o Grao Medio de Piano coma o de Acordeón no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.

Como acordeonista foi integrante de diversas formacións entre as que cabe destaca-los grupos folc Reviravolta e Caldaloba. Na actualidade é profesora de Acordeón, Piano e Linguaxe Musical na Escola Municipal de Música de Meira, da que é ademáis Directora.

 

Emilio Mesías Farías

Comezou a recibir clases de Gaita aos 9 anos, na Escola Municipal de Gaita de Ares. Realizou estudos de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, titulándose máis tarde na especialidade de Solfexo, Teoría da Música, Transporte e Acompañamento.

Formou parte da Banda de Gaitas de Ares e dos grupos Lume, Quer que lle quer, Charabisca e Atahíde, como gaiteiro, acordeonista e teclista. Có grupo Charabisca conseguíu o II Premio no VII Certame de Música Folc, participando na grabación do CD dos gañadores do certame. Publicou, dentro da colección Cadernos de Gaita Galega (Ed. Dos Acordes), o caderno Empezares con composicións para Gaita-Piano.

Posúe unha dilatada experienza no ensino musical en

conservatorios, ademáis de impartir docencias sobre temas relacionados coa música tradicional e popular. Na actualidade está a realizar o último curso do Grao Profesional de Música na especialidade de Gaita.

 

Montserrat Rivera Crespo

Directora durante cerca de 9 anos do corpo de baile e pandereteiras da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego tanto a nivel nacional, como internacional.

Dende o ano 1989, forma parte do grupo de pandereteiras Leilía. Poseedora dun valiosísimo arquivo audiovisual froito de máis de 20 anos de investigación etnográfica, actualmente compaxina a súa vocación docente coa participación como xurado na sección Vai de Baile do programa Luar da TVG, o asesoramento na confección de traxes tradicionais no establecemento A Mouga, a representación artística de destacados grupos de música galega e a actividade artística como compoñente grupos Leilía e Pesdelán. 

 

Begoña Lorenzo

Realizou estudos de canto e pandeireta no Conservatorio de Begoña LorenzoMúsica Tradicional e Folque de Lalín do 2000 ao 2007, con Mestres como Ugía Pedreira e Guadi Galego, anos nos que participou como integrante do Combo do CMTF de Lalín en diversas actuacións dentro en fora do centro.

Recibiu tamén clases de Pandeireta da man de Felisa Segade na Escola de Música e Baile Tradicional Brincadeira, así como de Canto a mans de mestres como Ramón Bermejo e Carmen Rey na escola Estudio.

Na sua andanza profesional participou como integrante do Coro da Ra, vocalista da Banda Tudutene vocalista, dúo de Voz e Piano xunto a Iago Mouriño, docente de Cursos de Pandeireta e Canto da asociación veciñal de Rodeiro, Obradoiro de Canto e Pandeireta, Repertorio Tradicional na Asociación Madialeva, etc.

Grabou tamén un disco como vocalista do grupo Grodan Defló, e fixo colaboracións con grupos de música tradicional e outros estilos musicais: Alén, Linho do Cuco,…

 

Andrés Penabad Cebreiro

andrs penabad

Andrés Penabad Cebreiro. Comeza o seus estudios os 14 anos da man do profesor Javier Díaz Carrasco, o ano seguinte presentase o concurso Internacional de acordeón de Torrelavega Cantabria onde acada un meritorio 3º posto na categoria media, onde era o mais pequeno da categoria avendo mais de 30 concursantes. Anos mais tarde continuará cos seus estudios no Conservatorio Profesional de Música de Getafe Madrid, onde recibirá clases con Javier Ramos. Conta no seu curriculum con numerosos premios en Concursos, podemos destacar. 1ºPosto categoria Solista Excelente no certamen Internacional de Torrelavega 2004, 1ºPosto en categoria de duo excelente no certamen Nacional de Orense no ano 2005. Asi como dous 1º postos no certamen Internacional de Torrelavega e no certamen Guipuzcoano celebrado en Arrasate Mondragón como solista da orquesta de acordeóns Robaleira de Cedeira en 2005 e 2010 respectivamente. Recibiu varias Mastrer Class co catedratico de acordeon de San Petesburgo Oleg sharov, asi coma dos concertistas Iñaqui Dieguez e Angel Luis Castaño.

Colaborou na grabación do disco Xan e Sabela co grupo Pontevedres Avelaiña, colaborou no audio-libro de poemas da escritoria Betanceira Gabriela Rodriguez a parte de grabar co grupo Folk Muxarega o seu disco 8 soños.

Na actualidade e membro do grupo folk Muxarega, do grupo coruñes The Folk a-Tones e do grupo Zume, grupo de recente creación formado ademais de por el por Xurxo Iglesias e Carlos Freire.

Ase mesmo esta inmerso nun proxecto de grabación dun disco co que fora o seu profesor Javier Díaz Carrasco.

Ademais e profesor de solfexo, acordeón e música de cámara en As Pontes e Cedeira. 

 

Pedro Lamas 

Membro fundador do prestixioso grupo de música tradicional Lelia Doura, na actualidade desempeña a súa faceta como gaiteiro e compositor na formación Luvas Verdes, coa que publica o seu primeiro traballo discográfico: Fandango desesperado (NGD Música, 2005).

Posúe un dos curriculums con máis galardóns no eido da música tradicional, acumulando máis de cincuenta premios no seu haber, entre outros: 1º premio no Concurso de Gaitas de Ponteareas (1996, 1997, 1998, 2001, 2002 e 2003); 1º premio no Memorial Ricardo Portela (2000, 2003 e 2005); 1º premio no Concurso de Cuartetos de Música Tradicional de Sanxenxo (2001, 2002 e 2003).

Músico incorporado á compañía Nova Galega de Danza dende os seus inicios, asume a dirección e composición musical na súa última proposta (Tradicción, 2008) coa que xira na actualidade. Colabora habitualmente con outras formacións e artistas como Xabier Díaz (Coplas para Icía, 2007), Vaamonde, Lamas e Romero (Vellas Artes, 2008), Uxía Senlle (Eterno navegar, 2008) ou Susana Seivane entre outros.

Entre as súas gravacións cóntanse distintas edicións do Concurso de Gaita Constantino Bellón e varias publicacións coas súas composicións nos libros Doce Polainas Enteiras (Edicións do Cumio, 1998), De Pano Sedán (Edicións do Cumio, 2003) e máis recentemente Luvas Verdes: Fandango desesperado. Pezas para gaita, tamboril e bombo (Dos Acordes, 2008). 

 

Pablo Carpintero Arias

 

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música.foto curriculums mia 2009

Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evalúa a inclusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural da Humanidade.

É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, “Os instrumentos musicais na tradición Galega”, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio.

Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos, membro da Associaçao da Gaita de Foles Portuguesa e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanalmente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á nosa música de tradición. Actualmente a súa actividade principal é a construcción de gaitas de fol, frautas e instrumentos de percusión.

 

Gerardo Quintela Martínez

Gerardo Quintela Martínez

Aos dez anos comeza os seus estudos de acordeón no Conservatorio de Música de Ourense, onde remata o Grao Profesional no ano 2008. Durante este período, recibe cursos de acordeonistas como Oleg Sharov, Sergio Scappini, Jaques Mornet, Juan Carlos Cárcamo ou Victor Prieto.

En 2006 comeza a súa experiencia docente como Mestre de acordeón na Escola de Música Tradicional de Allariz e no concello de Ribadavia, onde continúa impartindo aulas. Neste mesmo ano iniciase no folc co grupo ourensán Coanhadeira, co que foi finalista e gañador da Sección “Folc” do I Concurso Nsaio no Camiño no ano

2007, obtivo o 1º Premio no IX Concurso “Radio Obradoiro” 2008, o 2º Premio no Concurso “Folkez Blai” 2008 (Ermua), finalista

no “Proxecto Runas” do Festival de Ortigueira 2008 e o 1º Premio no Concurso “Escenario Prau” 2009 (Cantabria). Neste último ano grava os dous primeiros traballos discográficos do grupo.

Actualmente realiza estudos de Mestre na especialidade de Educación Musical na Universidade de Santiago de Compostela e de Harmonía con Suso Atanes. 

 

Daniel Carballo Penelas "MAKA"

Exalumno da Tradescola, recibe a súa formación dos mestres Luis Correa “O Caruncho”, foto maka2 4

Xosé Lois Romero, Pablo Carpintero e Xela Conde. A súa actividade musical comeza no Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro, co que continúa a colaborar na actualidade. Durante o ano 2011 forma parte do grupo TIRULEQUE e colabora na gravación do seu disco MU!!.

No ano 2012 funda, xunto con outros músicos, o conxunto-charanga tradicional AIRIÑOS DA FREBA co fin de investigar e divulgar a música tradicional da provincia de Lugo. Froito deste traballo de estudo, procura do contacto directo con músicos tradicionais e posterior divulgación son as súas colaboracións coa páxina web Folkotecagalega.com e coa Editorial Canela, coa que publica no ano 2015 o libro adicado ao gaiteiro Desiderio Sampayo Rico “Siderio de Vilarmide”. 

 

Xosé Lois Romero Cajigal

Ligado dende cativo á música tradicional, a actividade de Xosé Lois Romero desenvólvese a partes iguais entre o acordeón, a percusión e a composición musical.

De formación maiormente autodidacta ten sido alumno de mestres coma Víctor Prieto, Abe Rábade, Suso Atanes, Oleg Sharov, Kepa Junquera ou Anne Landa entre outros.

Dende 1995 é membro do Grupo de Música Tradicional do IGAEM, e paralelamente ten formado parte de grupos coma Lelia Doura ou Luvas Verdes e traballado en proxectos de índole diversa (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Xabier Díaz, X. M. Budiño, Dani Bellón, Doce polainas enteiras, De pano sedán, Fuxan os ventos, Projecto Ninguém, etc.). A súa traxectoria está avalada por numerosos premios.

Na actualidade conforma o trío Vaamonde, Lamas & Romero, xunto a Suso Vaamonde e Pedro Lamas.

 

Xela Conde

Educada no baile e a música tradicional galega desde os 3 anos, Xela amplía os seus estudos musicais con frauta barroca, linguaxe musical e técnica vocal. Sendo moi moza, forma o grupo Louleada cuxo fin último baseábase no traballo de campo de recuperación etnográfica e a sua posterior divulgación en concertos, exposicións e incluso discos (Trubisqueira). Así mesmo foi membro durante anos no grupo principal de A.C.F. O Fiadeiro como bailadora e pandereteira. Actualmente forma parte da Orquestra Folk Sondeseu. Experimentou coa música folk co grupo Ávalon do que foi membro fundador.

Todas estas experiencias musicais compaxínaas coa docencia tendo impartido clases de música, canto e etnografía, ademais de musicoterapia. Elabora un método co que poder transmitir os seus coñecementos de maneira práctica, sinxela e amena, que vai dende a técnica vocal e o canto tradicional a modelos de notación aplicada e técnicas de investigación etnográfica. 

 

Luís Correa 'O Caruncho'

Luís Correa 'O Caruncho iniciase na aprendizaxe da gaita en 1989, da man de Maximino Souto Vaqueiro. Foi fundador dos grupos Millaradas e Os Carunchos, e con estos últimos grabou os discos Ala que vai (1998), Sen tempo non era (2002) e Montealegre (2005).

Participa na recuperación activa da regueifa fecendo espectáculos en directo, e fundamentalmente obradoiros en centros de ensinanza. En 1997 interesase na zanfona e aprende a tocar asesorado por Xosé Manuel Fernández e Mª Xosé López, impartindo actualmente clases de este instrumento. Participa en varios proxectos didácticos para escolares. Colabora cos grupos Os Folieiros de Lavadores y Zurrumalla, e hoxe en día é membro fundador de unha nova proposta tradicional, Os Crótalos. Na actualidade está inmerso na elaboración do cuarto disco de Os Carunchos, traballo que compaxina coa impartición de aulas de música e canto tradicional. 

 

Cristina De Castro Pardo

Mestra en Educación Primaria.cris 2

Máster en Psicopedagoxía Clínica.

Iniciase no baile e na percusión tradicional aos 4 anos na Asoc. Cultural Reviravolta de Lugo, posteriormente, aos 7 anos entra a formar parte das escolas de baile tradicional, gaita e percusión da Asoc. Cultural Cántigas e Frores. Máis adiante completa a súa formación tanto no eido do baile como no eido da percusión tradicional asistindo a numerosos cursos de cultura tradicional galega.

Actualmente forma parte da banda de gaitas e do grupo de baile desta asociación, ademáis de impartir as clases de baile tradicional galego aos nenos e nenas da mesma. Tamén imparte clases de música e baile tradicional galego a nenos e nenas de entre catro e oito anos de idade, na Tradescola.

Ten colaborado con distintos grupos de música tradicional. 

 

Suso Vaamonde Manteiga

Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares (Visantoña, 1970) é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título suso vaamondeProfesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.

       É o director, coordinador e profesor da Escola de Instrumentos Populares Galegos “Suso Vaamonde”, en Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Tamén é Mestre de instrumentos populares na Escola de Música Tradicional do Concello de Outes, na asociación ASMUBE Gaiteiros (Betanzos), e na asociación Hai que Roelo (Cuntis).

       Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego Rey de Viana, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula... Actualmente desenvolve a súa actividade musical principalmente no Trío Vaamonde, Lamas e Romero, no espectáculo De tradición con SusoVaamonde (Suso Vaamonde con banda de música) e 24 Instrumentos Populares (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).

       Foi Mestre de Música Tradicional do IGAEM (actualmente AGADIC), e músico colaborador do Centro Coreográfico Galego, tanto na interpretación de instrumentos como na impartición de talleres e obradoiros didácticos.

       Ten impartido diversos cursos de técnica e afinación de gaita galega (Casa de Galicia de San Sebastián, A.F.C. Cantigas e Frores, Asociación Cultural de Folclore Tradicional Ourensá, Academia Escola da Vaca, do Ferrol, Cursos de Especialización para a Galicia do Exterior en Santiago de Compostela…).

            Destaca ademáis no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A meirande parte da súa obra está gravada por él mesmo en diversas publicacións discográficas.

            Acadóu diversos premios como solista: Gañador do Concurso de Gaita Constantino Bellón nos anos 1992 e 1997, gañador do Premio LUAR 2000 como Mellor grupo de música tradicional…

          Ten participado en máis dunha veintena de gravacións discográficas e publicado varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega -4 en total-, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, Revista de Etnomusicoloxía...)

            O 2 de agosto de 2005 foi o único gaiteiro solista encargado de interpretar a Marcha do Antigo Reino de Galiza na Toma de posesión do Presidente da Xunta, don Emilio Pérez Touriño.

        Participou tamén como gaiteiro solista nos actos de conmemoración do “25 Aniversario doParlamento de Galicia”, tanto na apertura coma na clausura, que tiveron lugar os días 14/12/2005 e 19/12/2006 respectivamente.

            Colaborou como xurado e músico no programa da TVG “LUAR” no concurso Vai de gaita infantil durante as tempadas 2014-2015, e 2015-2016, promovendo a difusión dos instrumentos populares galegos interpretados por nenos menores de 13 anos.

 

Paula Fernández Rodríguez

paula

Iniciou a súa formación como acordeonista con Marisa Dapereira como mestra e na ESMU de Meira. Posúe o Grao Profesional de Acordeón a través Conservatorio de Vilalba.

É, ademais, Diplomada en Maxisterio, especialidade en Educación Musical e ten un Mestrado en Atención a Diversidade en Educación. A súa formación no eido musical compleméntase con diversos cursos arredor da Musicoterapia, a Análise e a Pedagoxía Musical, entre outros.

A súa experiencia docente comezou na Asociación Cántigas e Frores de Lugo, na que continúa actualmente e que compaxina co traballo en outras asociacións e centros de música.

Formou parte da Orquestra de Acordeóns de Meira e actualmente é membro do grupo de música folk Os Minhotos (co que publica o disco Pinga d'auga), o quinteto tradicional Pingarela e o dúo A Vagabán.

 

 

 

Carme López Fdez3editada 2pq

Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en Música na Universidade de Santiago de Compostela, Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia do Conservatorio Superior de Música de Vigo e Máster Universitario en Interpretación e Investigación, itinerario de investigación, na Universidade Internacional de Valencia.

En canto á formación non regrada, cursa especialidades de canto popular e requinta en entidades como a Tradescola (Lugo), Central Folque (Santiago de Compostela) e E-trad (Vigo). Actualmente é mestra de gaita e canto tradicional e pandeireta en diversas Asociacións e escolas da provincia de Lugo.

É integrante do grupo Os Minhotos, da sección de cantareiras da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, do dúo Raiceira e do grupo de pandereteiras Aldomir (A.C. A Mámoa). Ten participado en diversos concursos de gaiteira solista e cuartetos de gaita, destacando a selección para a final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” ou o 2º Premio na categoría de gaita solista no IV concurso de gaita solista e cuartetos Fogo Fatuo (Rianxo).

 

 

 

Mª Carmen Saborido

 

Mª Carmen SaboridoComezou os seus estudos musicais aos 8 anos no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.

Licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo, licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén posúe o Título de Profesora de Clarinete polo Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.

Ten formación en pedagoxía musical, realizando cursos con mestres como Susa Herrera, entre outros. Ademais completa a súa formación en diversos campos como a aplicación das novas tecnoloxías á música, musicografía Braille e psicopedagoxía.

Ligada ao mundo das bandas de música populares dende os inicios da súa andaina musical, é compoñente da A. C. Banda de Música de Vilalba e ten colaborado con outras agrupacións destas características. Por outra parte, ten participado na gravación de distintos discos.

Foi profesora de Clarinete, Linguaxe Musical e Música e Movemento na Escola de Música da A. C. Banda de Música de Vilalba, na Escola de Música da Banda Municipal de Sarria, na Escola Municipal de Música de Guitiriz e na Escola Municipal de Música de Meira. Así mesmo desenvolveu a súa labor docente no corpo de profesores de ensinanza secundaria na especialidade de Música.