Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Samaín en Cedeira

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Samaín en Cedeira
Cando:
28.10.2011 - 01.11.2011 
Onde:
Cedeira
Categoría:
Festas Populares

Descrición

O VENRES DÍA 28 DE OUTUBROás 6 da tarde no paseo do Pinzón faremos o Fiadeiro das Castañas e Obradoiro de Caliveras, onde teremos zonchos preparados para que fagades os collares.
Ademais, a partir das 8 da tarde terá lugar, un espectáculo de circo, musica e humor a cargo do grupo Ringo Rango, espectáculo cómico ao límite do absurdo onde todos habemos pasar momentos ben divertidos.
E ás 10 da noite, no medio do río faremos o acto de inauguración do Samaín 2011, coa xa tradicional Queima da Cabaza.

SÁBADO 29 DE OUTUBRO - FESTA DE SAMAÍN
A partir das 5 da tarde, no Paseo do Pinzón, comezaremos a anotar os melóns para o Concurso Exposición, no que coma sempre, premiaranse aqueles que máis chamen a atención, polo seu tamaño, a súa orixinalidade, beleza natural, simpatía…

Os que queirades participar na Ginkana tamén vos podedes ir apuntando, finaliza para os máis “votados pa diante” cunha visita á Casa das Ánimas.

Obradoiro de Maqueado, a cargo de Fusa para deixarvos a cara "samainera"

Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, son dous clásicos da festa que nesta ocasión non han de faltar.

Ao longo da tarde, teremos contacontos a cargo de Ni fú ni fá animación e actividades de animación con Anima Rúa

No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá do Paseo a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces apagadas percorrerá os currunchos máis escuros da vila, e se as pantasmas están de leria, levarannos por onde elas queiran. Deixádevos levar…e ao seu remate faremos a Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senón darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿ Qué hai na praza? e contestarnos: ¡Papel de estraza! e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa.

MARTES 1 DE NOVEMBRO, ás 8 da tarde no auditorio municipal a función "Mackie, o Navallas" do grupo Bartoleta de Ferrol.

Ubicación

Ubicación
Cedeira
Cidade:
Cedeira
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible