Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - IV Foliada de Sada e Concurso de Baile Tradicional

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
IV Foliada de Sada e Concurso de Baile Tradicional
Cando:
31.10.2011 18.00 h
Onde:
Sada
Categoría:
Música e baile

Descrición

O 31 de outubro ás 20:00 h na Praza Irmáns Suarez Picallo celébrase a IV Foliada de Sada que organiza a A.C. Queiroa. Ás 18:00 h haberá unha Foliada Infantil.

Tamén se celebrara o:

II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.

2. A participación no concurso requirirá

a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.

3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.

4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de
inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas.

A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo
electrónico, o mesmo día da inscrición.

5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente
galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.

6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.

7. Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 150 €
2º Clasificado: 100 €
3º Clasificado: 50 €
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 €.

8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.

Para calquera dúbida, chamar ao teléfono: 615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)

http://frouma.com

Ubicación

Ubicación
Sada
Cidade:
Sada
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible