Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madr

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madr
Cando:
29.10.2011 - 31.10.2011 
Onde:
Madrid
Categoría:
Obradoiro

Descrición

Obradoiro de construción de palletas con Patricia Cela na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29, 30 e 31 de outubro

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, de recente creación na cidade de Madrid, organiza un obradoiro de construción de palletas  para os días 29, 30 e 31 de outubro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico.
Para realizalo contaremos coa presenza de Patricia Cela, recoñecida artesá do sur de Galicia formada con Antón Corral na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Baiona para dar o curso.

O prezo é de 130 euros (100 euros para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es

Ubicación

Mapa
Ubicación
Madrid
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Madrid
Estado / Provincia:
Madrid
País:
-

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible