Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - XI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
XI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana
Cando:
22.10.2011 20.30 h
Onde:
Categoría:
Xornadas

Descrición

O sábado 22 de Outubro, ímoslle tod@s ata Asturies, participarmos na décimo primeira edición desta xuntanza de convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns astures. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!!

-20:30 h. Será a hora na que nos xuntaremos tod@s no Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras Bouba (Tordoia e Ordes) e máis dos anfitrións, Menaxatrúa tríu (Uviéu).

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.

O prezo estipulado é de 35 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!

Información e Inscricións:
-Chamando ao propio. El Sabil: 985 761 472 . Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.elsabil.net.

PRAZAS LIMITADAS!!!

http://www.blogoteca.com/malmequer/

Ubicación

Ubicación
Asturias
Estado / Provincia:
Asturias

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible