AGG
Evento
- Título:
- Luar na Lubre en Laracha
- Cando:
- 07.09.2011 22.30 h
- Onde:
- Caión
- Categoría:
- Festas Populares
Descrición
O mércores, día 7 Luar na Lubre estará na Romaría da Nosa Señora dos Miragres en Caión en Laracha
Programa 2011:
O domingo 4, procédese ao traslado da imaxe da Virxe dende a Igrexa Parroquial Da nosa Señora do Socorro ata a Igrexa de Los Milagros e ás 12.00 horas misa solemne na Igrexa Parroquial.
O mércores 7, ás 22.00 horas terá lugar a lectura do pregón das festas e ás 22.30 horas actuación de Luar na Lubre no Pza. de Caión.
O xoves 8, Día dos Milagres. Pola mañá as dianas e alboradas a cargo da Charanga Ruada anunciarán o comezo da xornada festiva. Pola tarde haberá unha actuación do Grupo de Teatro na rúas Ruactiva. Pola noite os asistentes poderán gozar dunha gran verbena amenizada por orquestras do momento.
O venres 9, Día do Neno. Durante esta xornada os máis pequenos poderán gozar co Tren Popof e con Infantilandia Show. Non faltará tampouco a sesión vermú e a verbena da noite.
O sábado 10, sesión vermú e actuación da Compañía Tanxarina co espectáculo "Trogloditas na rúa". Pola noite gran verbena con actuacións de orquestras do momento.
O domingo 11, procesión de regreso da capela dos Milagres á Igrexa Parroquial Da nosa Señora do Socorro acompañada da Banda de Música de Ortigueira. Ás 13.15 horas celebrarase a misa solemne na Pza. de Caión cantada por unha coral. Deseguido os asistentes poderán gozar da sesión vermú. Pola noite a verbena poñerá o broche final a estas festas ata o próximo ano.
Ubicación
- Ubicación
- Caión
- Cidade:
- Caión
- Estado / Provincia:
- Laracha
Descrición
EventList powered by schlu.net