AGG
Evento
- Título:
- Media Ducia e Fol de Veneno no bar A Eira
- Cando:
- 02.09.2011 23.00 h
- Onde:
- Ponteceso
- Categoría:
- Concertos
Descrición
Media ducia e Fol de Veneno en Ponteceso no bar A Eira ás 23:00
Ponteceso conmemora o XXX aniversario do Monolito Pondaliano
A Fundación Eduardo Pondal, a Concellaría de Cultura e distintos colectivos asociativos do concello de Ponteceso deseñaron un intenso programa de actividades para conmemorar o XXX Aniversario do Monolito Pondaliano, erixido en 1981.
A oferta de propostas que se desenvolverán entre os días 28 de agosto e 4 de setembro é ampla e moi variada. Haberá exposicións no Centro Cultural, na Fundación Ricardo Pérez Verdes e nas librarías A Pesqueira e A Tenda dous Libros.
O luns, 29 de agosto terá lugar a presentación do libro "Bisbarra natural de Bergantiños", na sede da Asociación Couto de Almerezo, no Campo dá Feira da Trabe. O día pecharase cunha sesión gastronómica de xabaril.
O venres, 2 setembro, ás 11 da noite, actuarán no bar A Eira Media Ducia, Fol de Veneno e compoñentes dos grupos Xiradela e Raigañas, nun concerto-presentación do CD de música tradicional "A escote".
Invitámosvos a consultar o programa completo destes oito días de homenaxe a Eduardo Pondal.
Ubicación
- Ubicación
- Ponteceso
- Cidade:
- Ponteceso
- Estado / Provincia:
- A Coruña
Descrición
EventList powered by schlu.net