Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Concerto de Mamá Cabra

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Concerto de Mamá Cabra
Cando:
24.08.2011 19.00 h
Onde:
A Coruña
Categoría:
Concertos

Descrición

Mércores, 24 de Agosto
Xardíns de Méndez Núñez
19h
MAMÁ CABRA

O grupo musical Mamá Cabra estará nos Xardíns Méndez Núñez, dentro da programación dirixida ao público infantil nas Festas de María Pita 2011 da Coruña, onde haberá música, teatro, xogos, maxia e moita diversión para os máis pequenos da casa.

Mamá cabra, grupo especializado en música para nenos, represetará para os pequenos espectadores as súas divertidas cancións de '10 + 1', baseadas en poemas de autores como Concla Blanco, Gloria Sánchez ou Antonio Teijeiro, e acompañadas por diversos instrumentos e un coro. Neste espectáculo dinámico e educativo os nenos poderán xogar, bailar, cantar e divertirse xunto aos músicos e cantantes de Mamá Cabra.

Para gozar das divertidas cancións de Mamá Cabra só hai que cercar ata os Xardíns Méndez Núñez Da coruña, o mércores 24 de agosto, ás 19 horas. A diversión está asegurada para os peques!

 

Ubicación

Ubicación
A Coruña
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible