AGG
Evento
- Título:
- Leilía no Festival Irmandiño de Moeche
- Cando:
- 20.08.2011 23.30 h
- Onde:
- Moeche
- Categoría:
- Festival
Descrición
LEILÍA + MUXAREGA + ALALÉ + ESTIMABA QUE VIÑERAS
XXXII Festival Irmandiño de Moeche
Sábado 20 de agosto de 2011 ás 23:30h,
Moeche (A Coruña)
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto, unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos:
guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.
Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego: Xoán Porto (guitarra e gaita), Xosé Lois Romero (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).
O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico.
O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega".
Ubicación
- Ubicación
- Moeche
- Cidade:
- Moeche
- Estado / Provincia:
- A Coruña
Descrición
EventList powered by schlu.net