Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Pesdelán nas Festas de Portosín

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Pesdelán nas Festas de Portosín
Cando:
20.08.2011 18.00 h - 23.00 h
Onde:
Porto do Son
Categoría:
Concertos

Descrición

CONCERTO E OBRADOIRO DE PESDELÁN

Sábado 20 de agosto de 2011
ás 18h (obradoiro) e ás 21:30h (concerto)
Porto de Portosín, Porto do Son (A Coruña)
Festas de Portosín

Pesdelán é un proxeto de música para baile.
Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses.  Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."

Escoitar

Ubicación

Ubicación
Portosín
Cidade:
Porto do Son
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible