Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Folk in Río de Touro

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Folk in Río de Touro
Cando:
19.06.2011 
Onde:
Touro
Categoría:
Festival

Descrición

Os concursos, os obradoiros de instrumentos e o II Open de Billarda son algunhas das actividades paralelas que se celebrarán o próximo día 19 no marco da nova edición do Folk in Río de Touro, que organiza a Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.

A xornada abrirase co taller de instrumentos tradicionais, que será impartido por Pablo Carpintero, así como o II Open de Billarda (estornela) que se celebrará no campo dá festa de Touro (parque Martín Códax), onde os interesados en participar poderán apuntarse.

Así mesmo, a partir das 11.30 horas celebrarase, por todos os bares da localidade, o concurso de cantos de taberna. Para as 15.00 esá prevista a comida campestre e haberá pulpeiros instalados na zona. Xa pola tarde poderase gozar da exposición de artesanía, con máis de 30 artesáns, e tamén dos xogos tradicionais.

 A música empezará a soar ás 16.00 horas, coa actuación dos regueifeiros Trioliro e despois maxia e malabar a cargo de Peter Punk. O broche poñerao o Folk in Río, no que actuarán o Grupo de Bombos S. Tiago (Portugal), Cé Orquestra Pantasma e Tanto nos Ten.

Ubicación

Mapa
Ubicación
Touro
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Touro
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible