Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu novo traballo discográfico

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu novo traballo discográfico
Cando:
10.06.2011 20.30 h
Onde:
A Coruña
Categoría:
Concertos

Descrición

Este venres día de 10 xuño, no Fórum Metropolitano de A Coruña (Ciclo Espazos Abertos) a partir das 20:30 h, o grupo de musica tradicional galega Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu novo traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de xistencia. O pasado 9 de Abril foi a Presentación Oficial en Vigo, nun concerto no que participaron Anxo Pintos (Berrogüetto) ou Susana Seivane, entre outros quince convidados de luxo; desta volta A Coruña é a cidade elixida para a presentación deste traballo discográfico, un disco que, aos poucos meses dende o seu lanzamento, xa esgotara a súa primeira edición.

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos grupos de referencia no panorama da música tradicional galega, tendo ofrecido concertos tanto por toda a xeografía española (Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, etc), como en Francia, Portugal ou os Estados Unidos. O pasado 14 de Maio, Noitarega foi convidado ao concerto presentación de "Solsticio", o novo disco de Luar na Lubre.

Sen dubida, o concerto deste venres é unha cita obrigada para o público coruñés e en articular para todos os seguidores da boa música tradicional galega.

Prezo da entrada: 4 €.

myspace Noitarega:

http://www.myspace.com/noitarega

Noitarega - Tráiler promocional "XXI":

http://www.youtube.com/watch?v=qT9etkyTw7Y

Noitarega - Muiñeiras:

http://www.youtube.com/watch?v=CR026SdcELk&feature=related

Ubicación

Ubicación
Forum A Coruña
Rúa:
Río Monelos s/n
Cidade:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible