Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Moxenas Musical Galego no auditorio de Beade (Vigo)

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Moxenas Musical Galego no auditorio de Beade (Vigo)
Cando:
03.06.2011 
Onde:
Vigo
Categoría:
Concertos

Descrición

MOXENAS MUSICAL GALEGO é un proxecto integrador das actividades de música e baile tradicional na federación de 35 asociacións veciñais de Vigo.

Moxenas parte da creación dunha estrutura musical superior dentro da Federación Veciñal de Vigo que recolle os mellores valores de cada asociación e modalidade (instrumento, canto e baile) e os incorporase a un proxecto musical integrador de todos eles.

O grupo leva o nome dun dos intérpretes e compositores de repertorio tradicional que tivo a bisbarra de Vigo e que creou tantos discípulos nas asociacións veciñais que hoxe continúan co seu legado: Nazario González, “Moxenas”.

MOXENAS MUSICAL GALEGO é un espectáculo musical no que se combinan instrumentos, voces e baile enchendo o escenario de montaxes variadas e amenas.

Sobre o escenario represéntanse pezas do repertorio musical galego do século XX, con escenografías de cuartetos, quintetos, solistas e agrupacións, con arranxos orquestrais para darlle a adecuada dimensión de espectáculo musical.

Ubicación

Mapa
Ubicación
Beade
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Vigo
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible