Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Leilía nas Festas da Ascensión

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Leilía nas Festas da Ascensión
Cando:
03.06.2011 23.00 h
Onde:
Santiago de Compostela
Categoría:
Concertos

Descrición

Praza do Toural, Santiago de Compostela (A Coruña)

A finais do 89 decidiron dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces. 

21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto, unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos: 

guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.

Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:

Xoán Porto (guitarra e gaita), Vadzim Yukhnevich (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).

O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico. 

O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega"

Ubicación

Ubicación
Santiago de Compostela
Rúa:
Casas Reais
Cidade:
Santiago de Compostela
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible