Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Sondeseu presenta Barlovento no Teatro Rosalía de Castro

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Sondeseu presenta Barlovento no Teatro Rosalía de Castro
Cando:
27.05.2011 21.00 h
Onde:
A Coruña
Categoría:
Concertos

Descrición

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abarcan gaitas, percusión, zanfoña, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Presentarán neste concerto o seu último disco, Barlovento, no que a música arrola como o son do vento nas velas, a volta á vida da rica cultura mariñeira dos nosos antepasados, zambullida nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro.

Función: 21 h.

Entradas: 6, 7, 9, 13 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS

Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Despacho do Teatro Rosalía: día do concerto de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Ubicación

Ubicación
A Coruña
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible