O Festiletras, que un ano mais se celebra ao longo de nove días con multitude de actividades nas que a lingua esta presente, arrancou o pasado 14 de maio, e rematará o vindeiro domingo 22, no que terá lugar o máis grande festival de música infantil nunca habido na Costa da Morte coa participación de Magín Blanco e Iván Prieto co espectáculo “A nena e o grilo”; Pablo Díaz e a súa banda co concerto de “Tic-Tac”; e Mamá Cabra con “Ola-Ola”. O concerto será presentado polo televisivo Xosé Antonio Touriñán e tamén contará coa animación de Peter Punk.
EventList powered by schlu.net