Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Arte Fresca do Día na Praza de Abastos de Pontevedra

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Arte Fresca do Día na Praza de Abastos de Pontevedra
Cando:
13.05.2011 11.00 h - 13.00 h
Onde:
Pontevedra
Categoría:
Concertos

Descrición

Música popular entre as leitugas.

COMBO TRADICIONAL DA ESCOLA LIVRE DA MPG. 

Un grupo de novos músicos que estudan na Escola Livre da MPG en Santiago de Compostela saen das aulas fechadas e xúntanse na Praza de Abastos para tocar música popular galega cos seguintes instrumentos: flautas, gaita, requinta, percusión. O repertorio componse de muiñeiras, xotas, pasodobles, mazurcas, polcas, chotes coñecidos en distintas partes de Galiza.

O universo da música tradicional desenfadada medra e espándese coa canteira nova e moita enerxía. É un combo de día a día, de traballo semanal que pensa a música segundo vaia xurdindo sen caer na rutina e baraxando o momento. O seu director Roberto Sala coñece os instantes da melodia e debuxa ambientes coas notas e co entusiasmo. 

Dúo FDEZ. & QUINTÁ

Dúo de zanfona e acordeón diatónico

O Acordeón e a Zanfona, o instrumento milenario e un dos máis recentemente chegados mistúranse para a reinterpretación de temas de autor e tradicionais galegos ademais de repertorio aprendido de outras culturas europeas. Harmonia, baixos, melodias e percusión ao servicio do baile ou da escoita.

Estes dous músicos xuntan os seus talentos e duas xeracións neste dúo que emociona e desperta no público o sentimento de que a realidade é vivida a través do baile. Unhas sensibilidades moi afíns que relen a música popular galega.

aCentralFolque

Ubicación

Ubicación
Pontevedra
Cidade:
Pontevedra
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible