Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Detalles - XXVI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

EMAIL Imprimir

Asociación de Gaiteiros Galegos

Evento 

Título:
XXVI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Cando:
24.05.2015 
Onde:
A Coruña
Categoría:
Concurso

Descrición

 

concurso xacarandainaO XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 24 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá e de tarde. Ao igual que nos últimos anos haberá tres modalidades: cuartetos, gaiteir@s solistas e pandereteir@s. Para cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade mentres que na modalidade de pandereteir@s  haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
-         A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
-         Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
-         Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

O prazo de inscrición remata o sábado 9 de maio.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
 

Asociación Cultural Xacarandaina ............................ 981 277 315

    Correo electrónico .....................................................  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ubicación

Ubicación
A Coruña
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible