Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - 1 Convívio Música e Danza do Carballiño

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
1 Convívio Música e Danza do Carballiño
Cando:
25.04.2015 - 26.04.2015 
Onde:
Carballiño
Categoría:
Varios

Descrición

 

convivio1 CONVÍVIO
Xornadas de Música e Danza do Carballiño

Obradoiros, aloxamento, debate, fotografía, música ao vivo... neste 1 CONVÍVIO que pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e desfrutar de dous días intensos en torno a música e a danza.

Estas Xornadas, que se realizarán os días 25 e 26 de Abril, farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.

Os cinco obradoiros que ofertamos son:

- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).

- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).

- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).

- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).

- Técnica pra a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).

Os obradoiros realizaranse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25; e de 10:00 a 14:00, o domingo 26. Na tarde do domingo, que teremos libre, falaremos sobre ''A Música Tradicional nas Comarcas Ourensás'' con Alexandre Sotelino (Bailador e Pedagogo), Davide Salvado (Músico), Henrique Peón (Músico e Bailador) e Xaquín Xesteira (Músico); a moderadora será Anaís Barbier. Por suposto, os asistentes poderán participar no debate se así o desexan.

As persoas que queiran inscribirse nalgún dos obradoiros, deberán descargar o formulario que se atopa no seguinte enlace https://www.dropbox.com/…/ocgu8d…/AABX80A3O0A6MyHvSDZulDRma… e cubrilo debidamente logo de ler o arquivo adxunto no que aparecen os requisitos pra ser admitidos, os datos do aloxamento, datos dos obradoiros...

A maiores na tarde do domingo, á saída da mesa redonda, desfrutaremos no Pub Sete Flores da Exposición Fotográfica ESENCIAIS de Rubén Vilanova e da música de CAXADE pra poñer fin ás xornadas. O alumnado terá entrada libre, e as persoas alleas ao Convívio poderán asistir mercando a entrada por 3,5€ de maneira anticipada no Pub Sete Flores, ou na billeteira por 4€.

Ubicación

Mapa
Ubicación
Carballiño
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Carballiño
Estado / Provincia:
Ourense
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible