EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Aña urbana (Pontevedra) Aña Urbana de Trépia Asociación Cultural, en Pontevedra. Mércores 22 abr
Cando:
25.04.2015 17.30 h
Onde:
A Coruña
Categoría:
Festival

Descrición

berce donaire

No décimo aniversario da A.C. Donaire organizan varias actividades, unha delas o festival infantil "O Berce de Donaire", unha idea que nace pola inquedanza de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións.

Xa chegaron nestes cinco anos grupos de gran parte da xeografía galega e o 25 de abril chega a sexta edición ó Auditorio do Centro Ágora. Acompañarán á numerosa escola da Asociación Cultural Donaire a canteira de Queiroa dende Sada e Cantigas e frores dende Lugo.

Agardamos que co esforzo de moita xente todavía queden moitos anos desfrutando de "O berce de Donaire".

As entradas están dispoñibles polas canles habituais a un prezo de 3€ (xeral) e 2€ (reducida):

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)

- Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)

- Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h - - www.ataquilla.com (pago con tarxeta)

- Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo)

Ubicación

Ubicación
A Coruña
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible