Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Terceira reunión da AGG con D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra celebrada o luns, 6 de xuño de 2005.

A Deputación de Pontevedra, despois de estudar o proxecto presentado hai días pola AGG, aposta pola creación de unha escola única que integre, xunto a este, o da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.

Mais información

A Deputación comprométese a achegar unha cantidade de cartos que, unidos aos que concedeu á ABGPPP, servirán para por en marcha, nos vindeiros meses de setembro ou outubro, unha escola central en Pontevedra na que se impartirán clases de diversos instrumentos de música tradicional incluídos, por suposto, a gaita e a percusión. Nas bisbarras impartiranse cursos monográficos complementarios de cada unha das disciplinas que se dan na escola central que irán dirixidos á formación complementaria, tanto dos alumnos como dos profesores, das asociacións que o soliciten e que conten con escolas de música tradicional.

Este acordo pasa polo consenso coa ABGPPP polo que a AGG xa se puxo en contacto co seu presidente, Hipólito Cabezas, para comezar as negociacións pertinentes.