Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

cartazroteirosmusicatradponte webOs "Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra" son unha iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, cos que se pretende dar a coñecer e poñer en valor a figuras e formacións senlleiras da provincia, hoxe referencia imprescindible da nosa música tradicional.

O programa consta de 6 roteiros, nos que os participantes farán un percorrido pola vida e obra destes personaxes ou formacións a través dos espazos que habitaron, da man de guías especialistas na súa historia e que acompañarán a súa narración coa música grazas a participación de solistas e grupos de música tradicional.

Programación:

•    RICARDO PORTELA BOUZAS
Sábado 4 de maio de 2019
(Concellos de Pontevedra e Cerdedo-Cotobade)

•    OS MORENOS DE LAVADORES
Sábado 11 de maio de 2019
(Concello de Vigo)

•    GAITEIROS DE PONTEVEDRA: MANUEL VILLANUEVA, PERFECTO FEIJÓO E XAN DE CAMPAÑÓ
Sábado 25 de maio de 2019
(Concellos de Pontevedra e Poio)

•    OS GAITEIROS DE SOUTELO
Sábado 1 de xuño de 2019
(Concello de Forcarei)

•    CASTO SAMPEDRO
Domingo 9 de xuño de 2019
(Concellos de Redondela e Pontevedra)

•    AS TREBOADAS DO BAIXO MIÑO
Sábado 15 de xuño de 2019
(Concello de Tomiño)

Para poder asistir a calquera un dos roteiros é imprescindible reservar. Límite de prazas 50 por roteiro.

Inscricións: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (indicando o nome da persoa ou persoas participantes e un número de teléfono. Reservaránse un máximo de 4 prazas por persoa).

Todos os roteiros, excepto o do 1 de xuño, contarán cun autobús para os desprazamentos.