Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

 

cartelalboradaDende a  Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e a Fundación Rosalía volvemos a organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) a Alborada para Rosalía de Castro, para o que facemos un chamamento a todas as gaiteiras e gaiteiros de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra, ao igual que se fixo en 2013.

Dende a AGG gustaríanos contar coa túa colaboración: Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou tes un grupo de música tradicional, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos relacionados con Rosalía para botar unha peza na súa honra (pode ser a Alborada ou outra peza que elixas) e lee e comparte o manifesto, que explica o motivo e razón da iniciativa. Descarga o manifesto no seguinte enlace http://rosalia.gal/wp-content/uploads/2019/01/manifesto-alborada2018.pdf

Se non tocas a gaita, en primeiro lugar disfruta da Alborada e logo difunde: faille fotos ou grava vídeos (vale co móbil, claro). Logo compárteo nas redes sociais co cancelo (hashtag) #AlboradadeRosalía

Velaquí toda a información e instruccións para facelo: http://rosalia.gal/chamamento-gaiteiros/

Animámosvos a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas na honra de Rosalía.

Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...