Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

treixadura-300x160A Banda de Gaitas Tradicional «Airiños de Fene» celebrará un ano máis unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros como vén facendo desde 1988. A cita será o sábado 24 de outubro ás 19:30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre e nesta XXVII edición homenaxearase ao grupo Treixadura.

Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos e músicos, a entidade aproveita a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterice por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a música tradicional galega.

(Prema no título para ler a nova completa)

«Treixadura é canto e tamén música, compromiso e entrega, recuperación do noso e creación, cultura e idioma…. Treixadura é un grupo básico na música e canto tradicional deste País», indican na web do Concello de Fene.

O grupo naceu en 1990 e conta cun espectáculo musical sorprendente. «A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita», engaden.

Pero a XXVII Xuntanza de Gaiteiros é moito máis ca homenaxe. Así, contarase coa participación do grupo de cantareiras Xerfa, Cantigas e Agarimos, o grupo de cantareiras Xirifeiras, Treixadura e a Banda de Gaitas Tradicional «Airiños de Fene».

A Xuntanza será presentada por Xan López, membro fundador e compoñente de Treixadura durante moitos anos.

http://www.ferrol360.es