Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio




Compañeiros,

O colectivo de músicos tradicionais do Morrazo ven de publicar o seguinte manifesto en relación co tema da Deputación de Pontevedra.

Se desexades aderir-vos ao manifesto, por favor, non deixedes de enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

MANIFESTO DO COLECTIVO DE MUSICOS TRADICIONAIS DO MORRAZO
Os grupos, asociacións e persoas abaixo asinantes queremos manifestar a nosa preocupación e disconformidade coa próxima implantación en Cangas do Morrazo da Escola de Gaitas promovida e subvencionada pola Deputación de Pontevedra, co amparo do Concello de Cangas.
Esta escola e todo o que ela conleva, bota por terra o traballo que se vén facendo no Morrazo desde hai moitos anos por e para a normalización da música tradicional e a cultura galega por parte de moitísimos grupos e asociacións de xeito practicamente altruísta. A proposta supón tamén unha aberración cultural subvencionada con cartos públicos ( 90.000,00 € aprobados pola Deputación de Pontevedra fóra da orde do día ) que contrasta coa dificultade de financiar proxectos relacionados coa música tradicional.
• Dita escola plantexa nas súas presentacións informacións sesgadas, confusas e claramente inclinadas cara a unha gaita marcial, híbrida entre galega e escocesa e que nada ten que ver coa gaita que tocamos no Morrazo.
• Esta gaita que utilizan non é a tradicional galega, senón que está composta por tres roncos colocados verticalmente, ao igual que as gaitas escocesas. Ademais, a técnica de execución da que parten é completamente allea á nosa tradición musical, e por se fora pouco adoitan desvirtuar o estilo propio do repertorio galego.
• A percusión utilizada neste tipo de formacións é exactamente a mesma que a percusión utilizada en Escocia, (de “alta tensión”, fabricada en plástico) rexeitando a nosa percusión tradicional galega: tambor e bombo de pel, pandeiretas, cunchas, tarrañolas, charrascos...). Tamén no caso da percusión empregan técnicas claramente non tradicionais, ignorando -de xeito intencionado e acomplexado- a riquísima cultura existente neste campo.
• O carácter marcial e militarizado que adoptan estas bandas en ningún momento se achega ao carácter propio da nosa música tradicional.
• Os métodos de ensino utilizados nestas escolas son totalmente parciais e perseguen a aliñación e uniformización do alumno ou alumna nunha banda de gaitas, non adquirindo unha formación completa e integral do alumnado con respecto á música tradicional galega.
• O convenio asinado na Deputación para realizar este tipo de actividades está cheo de irregularidades. Entre elas, indicar que non figura en parte algunha a existencia de titulación para o profesorado que impartirá as clases. Podería resultar que os profesores elixidos por algún procedemento oculto polo de agora non estean en absoluto cualificados para ensinar aos rapaces e rapazas.
• O concello de Cangas respalda e apoia a creación desta escola de gaitas cedendo gratuitamente locais do Auditorio e o traballo do seu persoal, mentres que ás asociacións do concello se lle poñen gran cantidade de obstáculos para optar a este tipo de instalacións.
En todo o Morrazo perviven manifestacións da nosa cultura tradicional que son un referente para o resto da provincia: as danzas de Hío, Aldán e Darbo en Cangas, a danza de espadas en Marín, os carnavais do Hío..., e así poderíamos seguir cunha morea de actividades que non se merecen, que o Concello de Cangas dea cobertura e apoio a unha iniciativa que persegue a eliminación da nosa música tradicional da rúa para ser substituída por un invento con tintes comerciais importado do estranxeiro, relegando a nosa música a un obxecto de museo para ver pero non tocar.
Na actualidade na comarca do Morrazo pódese acceder ao ensino de gaita con facilidade en diversos colectivos, e incluso no caso do concello de Moaña existe a figura dun mestre municipal. Asimesmo o Morrazo é un exemplo do que pode facer unha banda de gaitas utilizando instrumentos tradicionais e respectando a nosa música.
Se dende o Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra se quere de verdade apoiar o ensino da nosa música tradicional, o que teñen que facer é apostar por un modelo de calidade que non sexa parcial e sectario.
ASINAN:
GRUPOS E SOLISTAS DO MORRAZO
• ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS
• IVAN COSTA BLANCO
• XAVIER BLANCO
• ADOMAINA
• ARESTORA
• ANTOXO
• BANDA DE GAITAS TROMENTELO
• BANDA DE GAITAS MAZAROCA
• BANDA DE GAITAS MANXADOIRA
• BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DE SAN XULIAN
• BANDA DE GAITAS ANXUIÑA DE SANTOME
• A.C. LEMBRANZAS DA RIA
• ASOCIACIÓN RETROUSO
• A.C.F. SANTA EULALIA DE MEIRA
• BREOGÁN
• CHARAVISCAS
• FIANDOLA
• GRUPO DE BAILE XENTE XOVEN
• LUMIEIRA
• MEIRAMAR-AXOUXERES
• OS CHANEIROS
• OS BARROS
• PICUIÑA
• QUEMPALLOU
• SACHADIÇO
• SOLAINA
• TEBRAS
• A.F.C. VEÑA QUE VAI
• XIMALVEIRA
COLECTIVOS DO MORRAZO
• A. VV. A PORTELA
• A. VV. CABANOURO
• A. VV. SAN MARTIÑO DE MOAÑA
• A. VV. SANTA MARÍA DE CELA
• A. VV. O PROGRESO DE BELUSO
• ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RÍO BOUZOS
• A.VV. DARAVELO
• A.VV. PINTÉNS
• A.VV. BARRIO DE MENDUIÑA
• A.VV. LABERINTO DE MOGOR
• A.VV. MIRADOR DE SAN ROQUE
• COMUNIDAD DE MONTES PARROQUIA DE MEIRA
• A.P.A. DO I.E.S. JOHAN CARBALLEIRA
• A.P.A. I.E.S. ILLA DE ONS
• FEDERACIÓN A.NP.A.S DE BUEU
• A.N.P.A CEIP CASTRILLÓN-COIRO.
• A.N.P.A CEIP A PEDRA
• A. MULLERES ESCOLA VELLA DO HIO
• A. C. A TIRADOURA
• A. C. F. ABALADOIRO
• A. S. C. AS LAGOAS
• A.C. CACAREXO
• A. DANZA DE DARBO
• C. LIRICAMPO TEATRO.
• A. C. YOGA SANATAMA DHARMA
• A CEPA.
• A MANGALLONA.
• ASOCIACIÓN PATAJULLOS
• LUITA VERDE
• CORAL POLIFÓNICA DE BUEU
• CORAL POLIFONICA QUEIXUMES DO HIO
• CORAL MOAÑESA
• BANDA DE MUSICA AIRIÑOS DO MORRAZO
• PARKINSON BUEU.
• CONTRA EL VIENTO
• ASOCIACIÓN MOZAS E MOZOS DE BELUSO.
• TEATRO SCENAE.
• CORAL POLIFÓNICA DE BELUSO.
• BUEU ATLÉTICO BALONMÁN.
• C. A. CORREDOIRAS.
• CINECLUBE BUEU.
• GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE BUEU.
• GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE BUEU.