A devandita concentración terá lugar a fin de semana do 29 e 30 de abril na vila madrileña. Os actos comezarán o día 29 de abril cun pasacorredoiras polas rúas de Alcobendas, para rematar cunha xuntanza no feiral, onde cada grupo realizará unha actuación de entre 15 e 20 minutos. Os recorridos e a festa non cesarán ata luns día 1 que é festivo.
Mais información.
O Concello de Alcobendas implicarase nesta protesta proporcionando aos asistentes aloxamento e Xuntanza de Galegos proverá de bocadillos e bebida para todos os participantes.
Contacto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Tel./Fax:916 515 646