Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Vimos de enviar a todos os novos socios o primeiro número do voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos, ATURUXO, que pretende ser un medio de comunicación entre todas as persoas que traballan na música tradicional galega.

Deste xeito faremos chegar a todos vos o traballo e as novas máis recentes, pretendendo ser un xeito fluido de transmisión de información entre todos os colectivos, persoas, grupos, asociacións e individuos.



Ademais, aproveitamos para enviar un número especial do voceiro onde se explican os antecedentes e a situación actual relativa á problemática xerada pola posta en marcha, por parte da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, dunha Escola de Gaitas seguindo o modelo da Deputación de Ourense que tan nefastas consecuencias tivo para esa provincia.


Mais información.


Por favor, todos aqueles socios que non reciban o seu exemplar no prazo de unha semana (esta semana é "especial") poden contactar con Sonsoles a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tamén informamos da posta en marcha dunha lista de correo para ter información máis actualizada, sendo necesario pórse en contacto con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo para solicitar a alta na mesma.

Comeza unha nova andaina.