Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Asociación de Gaiteiros Galegos

Asociación de Gaiteiros Galegos

Actas dos Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Xénero:
Libros
Ano:
2007
Editorial:
AGG

Descrición

A Asociación de Gaiteiros Galegos leva celebrando dende 2006 a cita anual dos Congresos de Ensinantes de Música Tradicional Galega, onde secelebran relatorios, mesas de debate, concertos didácticos e obradoiros nos que se fala sobre a situación do ensino da música tradicional.

Trala celebración dos Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a AGG reuniu todo o material recollido durante eses días mediante gravacións de son e vídeo, entrevistas cos relatores, fotografías e documentos. O resultado é a posterior publicación das actas do I e do II Congreso, que permiten a difusión deste material respecto do ensino da música tradicional en Galicia.

As Actas están dispoñibles nos locais da AGG en Lugo e Pontevedra, de forma gratuíta para socios e cun custo de 5€ cada unha para non socios. Tamén se pode solicitar o seu envío a domicilio, correndo cós gastos de envío.

Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com

Capítulos

    O Berce das Palletas

    Xénero:
    Libros
    Ano:
    2009
    Editorial:
    AGG

    Descrición

    'O Berce das Palletas' é un método de construción de palletas e pallóns elaborado por Xoán Ramón Marín, que a Asociación de Gaiteiros Galegos edita dentro da súa liña de difundir e por en valor a nosa cultura musical tradicional. 'O Berce das Palletas. A construción de palletas e pallóns' contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, desde a Asociación de Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans vos sexa útil e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional. 'O Berce das Palletas' pódese atopar á venda nas principais librerías, distribuído por Arnoia e cun PVP recomendado de 9 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 5€ + gastos de envío (se é o caso). Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com


    Aviso importante:


    Debido a erros na páxina 26 do libro O BERCE DAS PALLETAS, dende a Asociación de Gaiteiros Galegos, poñemos a vosa disposición un pdf de Fé de Erratas, feito por Moncho Marín, o autor do libro O Berce das Palletas correxindo dito erro consistente en que as táboas de medidas coas formas "rectangular" e "triangular" conteñen erros e non se corresponden una coa outra. O pdf conten as táboas correxidas e correspondese coa páxina 26 do libro. Dito pdf está listo para imprimir e cortar polas liñas de puntos para engadir ao libro.


    Fé de erratas

    Capítulos

      O Quiquiriquí

      Xénero:
      Libros
      Ano:
      2006
      Editorial:
      Pai Musica

      Descrición

      'O Quiquiriquí' é un traballo multimedia producido pola AGG que está dirixido maiormente aos rapaces máis novos para que coñezan e valoricen a súa cultura tradicional, particularmente as manifestacións relacionadas co Nadal Galego. Pese a esta orientación, é interesante para todo tipo de público polo seu contido e valor como traballo de documentación dunha fonda tradición cultural.

      'O Quiquiriquí' está composto por un libro (64 páxinas de información das cantigas incluidas no CD e textos explicativos sobre as tradicións do Nadal en Galiza), un CD (que inclúe trece temas, unha pista interactiva con partituras e letras das cantigas, un xogo, arranxos para frauta doce e instrumental Orff e Play Backs) e un DVD (docufilm explicativo das principais tradicións de nadal, 'cómo se fixo' a gravación, un videoclip, unha entrevista a Xosé Luis Rivas con dous informantes, o audio e o playback de todos os temas)

      'O Quiquiriquí' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso).

      Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com

      Capítulos

      1. Aguinaldo entrada (Tradicional)
      2. Buscando unha estrela (Paulo Nogueira)
      3. Da rosa, rosiña (Tradicional)
      4. O pelo roxiño (Tradicional)
      5. Ovos e torresmos (Tradicional)
      6. Señora iama da casa (Tradicional)
      7. Noite de tanta alegría (Tradicional)
      8. Ano novo (Tradicional)
      9. Unha pouca roupiña (Tradicional)
      10. Metido nun ovo (Tradicional)
      11. Marchemos alegres (Tradicional)
      12. A campá que resoa (Xosé Casal)
      13. Aguinaldo despedida (Tradicional)

      PeloGato24

      Xénero:
      Libros
      Ano:
      2007
      Editorial:
      Pai Musica

      Descrición

      'PeloGato24' é un traballo impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dun libro, un CD e un DVD co que AGG segue a apostar pola divulgación da música tradicional entre os nosos cativos.

      O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nenos, interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga 'Vai de Baile'.
      O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun 'cómo se fixo' e os videoclips e playbacks das cantigas. Se queredes obter mais información, non deixedes de visitar a páxina web.

      'PeloGato24' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso).

      Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com

      Capítulos

      1. Dígame se fai favor
      2. Arao
      3. 25 mentiras
      4. A vaca marela
      5. O señor Don Gato
      6. Xan de Outeiro
      7. A pita podeira
      8. O conde cego
      9. O paraugas do Xosé
      10. Madrugaba
      11. Media volta
      12. Pequeniño é
      13. Debaixo da figueira
      14. Conto da Muiñeira de Chantada

      Trece Lúas

      Xénero:
      Libros
      Ano:
      2009
      Editorial:
      AGG

      Descrición

      O novo traballo audiovisual da AGG leva por nome Trece Lúas. As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar.

      Trece Lúas, cun formato libro-CD-DVD, é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente, trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

      'Trece Lúas' pódese atopar á venda nas principais librerías e tendas de discos do país, distribuído por A Lonxa e cun PVP recomendado de 17 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 10€ + gastos de envío (se é o caso).

      Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com

      Capítulos

      1. Marzo 'Pascua'
      2. Abril 'O cuco'
      3. Maio 'Maíño'
      4. Xuño 'A flor da iauga'
      5. Xullo 'A palmeira'
      6. Agosto 'Danza de Betanzos'
      7. Setembro 'Vendima'
      8. Outubro 'Magosto'
      9. Novembro 'San Andrés'
      10. Decembro 'O loureiro'
      11. Xaneiro 'Reis'
      12. Febreiro 'Cabalgata de Entroido'