Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Xesús Vaamonde Manteiga

Xesús Vaamonde Manteiga

Cadernos de Gaita Galega. "Caderno 1: Intervalos"

Xénero:
Libros
Ano:
2004
Editorial:
Dos Acordes

Descrición

Esta publicación, integrada por 56 páxinas en formato A4, está dividida en varias partes. Na primeira, "Coñecendo a gaita", preséntanse exercicios con silencios, pensados para combinar medida, dixitación e afinación. Na segunda, "Intervalos", trabállanse estes de forma progresiva. Finalmente, en "Progresións, Segundas, Terceiras, Cuartas, Quintas, Trinos e Arpexios" aparecen unha serie de exercicios ordeados, con vistas a perfeccionar a técnica do instrumento. Obra pensada para gaiteiros avanzados ou para estudantes que se inician no instrumento, realizando unha selección adecuada dos seus contidos. Prezo: 10 euros.

Cadernos de Gaita Galega. "Caderno 3: Escalas"

Xénero:
Libros
Ano:
2006
Editorial:
Dos Acordes

Descrición

No presente caderno, no formato habitual de A4 e ao longo de 48 páxinas, Xesús presenta o xeito de traballar, exclusivamente, "Escalas", seguindo o modelo existente para todos os instrumentos.

Deste xeito preténdese aumentar a soltura na dixitación, así como a comodidade á hora de interpretar.

Co obxecto de exercitar a lectura e a combinación de posíbeis dixitacións tomouse como punto de partida a idea de engadir de xeito progresivo sostidos e bemois.

Prezo: 8 euros.

Capítulos

    Solo de Gaita

    Xénero:
    Libros
    Ano:
    2000
    Editorial:
    Edicións do Cumio

    Descrición

    Libro-disco con partituras e fotos de Xesús Vaamonde Manteiga. 131 páxinas de pezas comentadas polo mesmo autor e un CD con algunhas delas tamén gravadas por él mesmo. Ao final do libro hai unha guia de audición para o CD perfectamente minutada para explicar cada tema e as súas voltas e reviralvoltas.

    Capítulos