Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Xaime Estévez Vila

Xaime Estévez Vila

A Gaita no eido da música

Xénero:
Libros
Ano:
1987
Editorial:
Vigo : Centro de Ensinanzas Musicais Mayeusis

Descrición

[colaboracions, Elena Lorenzo... [et al. ; grabados interiores, Miguel Fernández]

Capítulos

As gravacións da música galega (1975-2000)

Xénero:
Libros
Ano:
2008
Editorial:
Editorial Tristram

Descrición

A presente publicación nace da tese de doutoramento feita por Xaime Estévez na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram acordaron a edición dunha parte deste traballo polo seu grande interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural. Entre dúas e tres mil horas, cando menos, fixeron falla ao longo de seis anos para chegar a esta edición sobre a música galega gravada.

O máis salientable deste traballo de máis de 400 páxinas, é sen dúbida que cuantifica obxectivamente o impresionante legado da música galega gravada nun marco temporal de só 26 anos. Analizáronse 774 gravacións que deixaron o descuberto preto de 500 agrupacións ou artistas, preto tamén de 500 horas de música gravada e case 10.000 temas. Esta investigación aporta datos obxectivos sobre Intérpretes,Compositores, Editoriais, Referencias xeográficas, Letristas, Instrumentos, Formas musicais... Ofrécense tamén análises cronolóxicas, cuantitativas e estilísticas que nos descobren, por exemplo, máis dunha ducia de tipoloxías e matices diferentes para a música galega, os temas máis gravados, a evolución da edición discográfica ou as agrupacións e compositores máis relevantes neste marco temporal, así como datos concretos sobre as particularidades da música galega.
Facilítanse 200 páxinas de índices e informes ordeados para a súa consulta, incluido un índice gráfico, e ata 32 táboas analíticas e gráficos demostrativos.Toda esta información e datos van acompañados dun marco teórico sobre a música galega : nomes propios, recompilación, conexións con outras músicas, fontes, estilos,... que fan desta edición unha referencia imprescindible dende agora para afondar na realidade e na verdadeira dimensión da música galega gravada quizais insuficientemente coñecida e valorada pola inexistencia de traballos musicolóxicos e científicos deste calibre.
A presentación feita polo profesor Rodrigo Romaní e o prólogo da Dra. Pilar Lago serven de pórtico perfecto e acorde á categoría dun traballo tan necesario como de referencia imprescindible no futuro para a posta en valor e a difusión axeitada do noso patrimonio cultural inmaterial.

Capítulos