Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / CANTADEIRAS DO BERBÉS

CANTADEIRAS DO BERBÉS

A ROUPA DO MARIÑEIRO

Xénero:
Voces
Ano:
1996
Discográfica:
Chorima

Descrición

Primeiro traballo deste grupo de cantadeiras pertencente á Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo, baixo a coordenación de Uxía Senlle. Foi editado en casete por Chorima, en 1996, e en cd por Edicións do Cumio en 1997

Intérpretes:

Pepa Rodríguez: voz, cunchas
Mª Xosé López: voz, pandeiro
Finocha Sánchez: voz, pandeireta
Victoria Gutiérrez: voz
Chon Estévez: voz, pandeireta
Fátima González: voz, pandeireta
Belén Garrote: voz, pandeireta

Colaboran:
Toniño López: ferriños e pao de chuvia
Fiz Axeitos: tamboril e bombo
Elena Mechero: acordeón
Olga Fernández: acordeón (12)
Antón Sánchez: gaita

Edición: Chorima / Edicións do Cumio
Produción artística e coordinación: Uxía Senlle

Pezas

  1. Que che cae o cú. TRADICIONAL / adapt: PEÑA BOMBILLA DE TEIS
  2. Para onde vas, María. TRADICIONAL
  3. Lévame. TRADICIONAL
  4. O verde gaio. TRADICIONAL
  5. Malhao de Videferre. TRADICIONAL
  6. Alalá de Carballo. TRADICIONAL
  7. Foliada de Aleixo.
  8. Si ti vas eu vou. TRADICIONAL
  9. Vigo mix. TRADICIONAL
  10. Ata o mandil. TRADICIONAL
  11. Ruada en Chamosa. TRADICIONAL
  12. A roupa do mariñeiro. TRADICIONAL

AGORA CANTÁMOLAS NÓS

Xénero:
Voces
Ano:
1998
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

“[i]Con este traballo pretendeuse achegar a toda a xente nova que está apostando polo noso folclore as cantigas que facían a ledicia nos nosos pais e avós, cando nas romarías e festas cantaban e bailaban[/i]”; con esta intención ofrecen as Cantadeiras do Berbés cantigas populares acompañadas de instrumentos tradicionais.

Intérpretes:
Pepa: cunchas, aro, triángulo e voz
Finocha: voz
Loli: voz
Mª José: pandeiro, voz
Belén: voz, pandeireta
Chon: Bombo, voz
Fátima: voz
Josefa: voz
Victoria: voz
Marta: gaita
Lourdes: gaita
Coral: acordeón

Colaboracións: Carlos Crespo, Alfonso Lago, Miguel Crespo, Rafael Crespo e Fiz Axeitos

Edita e produce: Edicións do Cumio, S.A.

Pezas

  1. Portuguesiña. TRADICIONAL
  2. O Ribeiro. TRADICIONAL
  3. Repoludo gaiteiro. Letra: ROSALÍA DE CASTRO / música: ILDEFONSO GARCÍA RIVAS
  4. A vendima. TRADICIONAL
  5. O magosto. TRADICIONAL
  6. Foliada de Nadela. TRADICIONAL / adapt.: FUXAN OS VENTOS
  7. Ai la, la, trus, trus. TRADICIONAL
  8. Maruxiña. TRADICIONAL
  9. Foliada de Barroso. TRADICIONAL
  10. Marica. TRADICIONAL
  11. Vexo unha casiña ó lonxe. TRADICIONAL
  12. Neniña, non me mires. TRADICIONAL
  13. Vigo mariñeiro. Letra: FINOCHA e UXÍO BLANCO