PANCHO ÁLVAREZ
FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 1998
- Discográfica:
- Boa Music
Descrición
Primeiro traballo discográfico en solitario do multiinstrumentista porriñés. Nel fai unha homenaxe a Florencio, o cego dos Vilares, ofrecendo unha boa mostra do seu repertorio.Intérpretes:
Pancho Álvarez: violíns, mandolina, bouzouki, baixo, guitarra, concertina, pandeiro, pandeireta, bombo, teclados, voz e outras percusións.
Colaboracións:
María Solleiro: voz.
Maca Solleiro: voz.
Produción: Francisco Gude e Pancho Álvarez.
Edición: Do Fol. BOA.
Pezas
- A moza electricista. Texto de SUSO DE TORO e música TRADICIONAL.
- Xota de Riotorto. TRADICIONAL.
- A filla de Bartolo. TRADICIONAL.
- Muiñeiras de Vai e Ven. TRADICIONAL.
- O Vals da Louriña. PANCHO ÁLVAREZ.
- Na Eira. XOSÉ ROMERO SUÁREZ.
- Parrafeo dos namorados. TRADICIONAL.
- Xota da Fontaneira. TRADICIONAL.
- Os tres casamentos. TRADICIONAL.
- Ondas do Danubio. I. IVANOVIVI.
- A Gaita do Cristovo. TRADICIONAL.
- Noite de cans. TRADICIONAL.
- Muiñeiras de Florencio. TRADICIONAL.
- Vai de amores. TRADICIONAL.
- Danza de arcos do Miño. TRADICIONAL.
- Cantiga de Alfonso X. ALFONSO X el SABIO.
NAS CORDAS
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2001
- Discográfica:
- Boa Music
Descrición
Segundo disco de Pancho Álvarez. Nel continúa ofrecéndonos repertorio tradicional e de composición arranxado para cordas. El compuxo gran parte dos temas, arranxounos e interpreta practicamente tódolos instrumentos.Intérpretes:
Pancho Álvarez: violín, bouzouki, mandolina, guitarra acústica, guitarra eléctrica, baixo, banjo, concertina, teclados, percusións e voz.
Colaboracións:
Félix Castro Vicente: concertina e acordeón.
Cástor Castro Vicente: flauta.
Fernando Fraga: acordeón.
Álvaro Iglesias: contrabaixo.
Miguel Seoane: guitarra.
Xurxo Núñez: bombo, tamboril, vibráfono, tambores, pandeiretas e guitarra.
Carlos Núñez: flauta.
Produción: Pancho Álvarez.
Edición: Do Fol. BOA.
Pezas
- Nas cordas. PANCHO ÁLVAREZ.
- Vinde parrafear. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
- Muiñeiras do mar. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
- O Seixal. PANCHO ÁLVAREZ.
- Vals Florencio. TRADICIONAL.
- O canciño do 127. ALFONSO G. PATO/PANCHO ÁLVAREZ.
- Alalá. PANCHO ÁLVAREZ.
- Muiñeira. PANCHO ÁLVAREZ.
- Cantiga de Alfonso X. ALFONSO X.
- ¡Salta, saltón!. PANCHO ÁLVAREZ.
- Carmiña. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
- Chula do Miño. PANCHO ÁLVAREZ.
- Alalá de Padrón. TRADICIONAL.
- Indara. JUAN ÁLVAREZ.
- Muiñeira. PANCHO ÁLVAREZ.
- Alborada. PANCHO ÁLVAREZ.
- Pandeirada. TRADICIONAL.
- Nuevo cortejo. TRADICIONAL/ PANCHO ÁLVAREZ.
- Minué. G.F. HAENDEL.
- Polca en re. PANCHO ÁLVAREZ.
SONIDOS GALICIANOS
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2009
- Discográfica:
- Pai Música
Descrición
Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro. O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes. Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.