Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / MALVELA

MALVELA

Raianas

Xénero:
Voces
Ano:
2011
Discográfica:
Fol Música

Descrición

'Raianas' é unha viaxe pola música de ambas as dúas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco, 'Que o pano non me namora'. Nesta ocasión están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

Colaboradores

 Colaboradores:


-Uxía,


-Carlos Blanco,


-Nuria Freiría,


-Oli Xiráldez


-María Magdalena.

Pezas

 Raianas

 1. Voda Na Raia

 2. Trubisqueira

 3. Don Melitón

 4. Cantiga Do Apalpador

 5. Tempos Novos - Maria Magdalena

 6. Menina Vamos Ao Vira

 7. Valsa De Voda

 8. Os Peixinhos

 9. Eu Teño Un Canciño

 10. Cásate Ó Prima

 11. Coitada - Maria Magdalena

 12. Rumba De Carcacía

 13. Pola Rúa De San Pedro

 14. Forró No Escuro

 15. Fui Colher Uma Româ

 16. Pirimpimpín

 17. Aqui Teño De Cantare

 18. O Galo

 19. EAU De Malvela-Carlos Blanco

DA MIÑA XANELA Á TÚA

Xénero:
Voces
Ano:
07
Discográfica:
Pai Música

Descrición

Terceiro traballo discográfico do grupo. Repertorio cantado, principalmente tradicional galego ou portugués, con arranxos coidados, destacadas colaboracións e as características voces das queridas Malvela. Intérpretes: Voces: Sra.Carmen Silvina Fita Clara Carmiña Carmen Matilde Lina Maruxa Aurita Dina Teresa Merchi Adela Juaniña Gustavo Domínguez: acordeón, zanfona e arranxos. Raquel Domínguez: gaitas e frautas Pablo Ces: bombo Anxo Pardo: tambor, tarrañolas, culleres, cunchas e pandeiro. Abilio Santos: cavaquiño, viola braguesa, harmónica, adufe e voz. Ana Senlle: pandeireta, triángulo, voz e dirección vocal. Colaboracións: Alfonso Franco e María Freiría: violín en “O trébol de catro follas” Sérgio Tannus: guitarra, cavaquinho e pandeiro brasileiro Charanga de “O Fiadeiro”: gaitas, clarinete, saxo, tambor,caixa, bombo e platillos en “Viva Xoaquina e Muiñeira de Armenteira” Uxía: voz en “Meninas, vamos ao Vira” Fernando Abreu:clarinete baixo, alto e requinto. Oli Giráldez: requinta en “Dúas Xanelas” e “Conanfrón” Luís Caruncho: requinta en “Muiñeira de Dorinda” e coros en “A gota d’agua” Augusto Canario:concertina,viola braguesa e cavaquinho. Lorenzo Suárez: contrabaixo Cuarteto de corda: David Veiga, Víctor Manuel Pérez, Isabel Abril e Begoña Riobó en “Que o pano non me namora” Andrés Giráldez: tambor en “A gota d’agua” Orfeón “Treixadura”: voces en “Dúas xanelas” José M. Sanromán (Melenas): gaita en “Muiñeira de Armenteira” Viqui Pérez: cunchas, tarrañolas e culleres. Nen@s: Voces en “O trébol de catro follas” (Nerea, Andrés, Carlos, Sara, Yaiza, Andrea, Silvia, Rocío, Paula, Nazaret, Antía, Sara, Lara, Manel, Rui, Carmela, Nuria, Irea, Telma, Leticia, Pablo, Patrick, Roi e Ali) Gravación: Estudio Casa de Tolos (www.casadetolos.com) durante os meses de Febreiro e Marzo de 2007. Produción artística: Segundo Grandío e Uxía. Coordinación de produción: Ana Senlle Edición: PAI MÚSICA www.pai-musica.com

Pezas

  1. QUE O PANO NON ME NAMORA. MÚSICA :Tradicional. LETRA:Tradicional. ARRANXOS:Juan Eiras
  2. DÚAS XANELAS. MÚSICA: Raquel Domínguez/Edmundo Granja(Mundi). LETRA:Tradicional/Andrés Giráldez,Ana,Uxía,Raquel. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  3. MARÍA RITA. MÚSICA: Tradicional portuguesa/Uxía LETRA:Tradicional portuguesa. ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía
  4. O PIRIMPIMPÍN. MÚSICA:Tradicional de Portugal. LETRA:Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  5. O TRÉBOL DE CATRO FOLLAS. MÚSICA:Tradicional/Gustavo Domínguez. LETRA:Tradicional ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  6. A GOTA D’AGUA. Tradicional do Alentejo(Portugal). ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  7. CONANFRÓN. MÚSICA:Tradicional. LETRA:Tradicional. ARRANXOS: Uxía e Gustavo Domínguez
  8. MENINAS, VAMOS AO VIRA. MÚSICA:Tradicional portuguesa.LETRA:Tradicional. ARRANXOS: Uxía e Gustavo Domínguez
  9. COSTUREIRIÑA. MÚSICA:Tradicional/Uxía. LETRA:Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía
  10. MUIÑEIRA DE DORINDA. MÚSICA: Uxía. LETRA: Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  11. FADINHO DA TI MARI BENTA. MÚSICA:Tradicional. LETRA: Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez e Uxía.
  12. CANTIGAS MARIÑEIRAS. MÚSICA:Uxía. LETRA: Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  13. XOAQUINA EN ARMENTEIRA. MÚSICA:Arturo Bastos/Tradicional. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  14. AMORIÑOS. MÚSICA:Tradicional. LETRA:Tradicional con adaptación local. ARRANXOS: Gustavo Domínguez
  15. QUE O PANO NON ME NAMORA (versión final).

O AGHINALDO

Xénero:
Voces
Ano:
2004
Discográfica:
Pai Música

Descrición

Malvela presenta o seu segundo traballo discográfico (CD+DVD) “ O AGHINALDO” dedicado íntegramente aos cantos de Nadal (panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis que os ranchos e rondallas popularizaron en todo o Val da Louriña). Ademais das pezas tradicionais que aprenderan na comarca e que gardaban na memoria, incorporan novos temas que enriquecen este precioso acervo cultural. Este disco foi concebido e producido por Uxía . Ela mesma xunto con Juan Eiras fixeron os arranxos. O formato (DIGIPACK) inclúe unha pista interactiva coas letras, partituras e documentación, un DVD (con ilustración na carátula do pintor ferrolán Leandro), cun moi interesante documental de 40 minutos sobre as festas de Nadal que lembran as mulleres de Malvela, “karaokes” para que a xente poida cantar nas súas casas e tres videoclips. Intépretes: Malvela: voces. Juan Eiras: acordeón, zanfona e piano. Ana Senlle: dirección vocal del Malvela, pandeireta, piñas, triángulo e voz. Raquel Domínguez: gaita e frautas. Viqui Pérez: cavaquiño, tarrañolas, pandeiretas, culleres, pandeiro e voz. Pablo Ces: bombo e zambomba. Anxo Pardo: tambor, culleres, tarrañolas e pandeiro. Colaboracións: Quim Fariña: violín. Xaquín Xesteira: gaita e oboe. Fran Eiras: guitarra acústica. Segundo Grandío: baixos. The Turre's Band: Gustavo Bacia (tuba), Antonio García (trombón), Gabriel Porto (trompa), Gustavo A. Barcia (trompeta), Moisés Lorenzo (trompeta), Javier Romero (trompeta), Diego Cabaleiro (saxo), Rubén Porto (saxo), Manuel Castro (clarinete), Ricardo González (batería), Rodrigo Rodríguez (cunchas), Camilo Martínez (bongos). Produción: Uxía Senlle. Edición: PAI

Pezas

  1. Nadal en Mos. Música de UXÍA SENLLE e letra de UXÍA SENLLE e ANA DOMÍNGUEZ.
  2. No Pendello. TRADICIONAL. Melodía instrumental de Juan Eiras e Uxía Senlle.
  3. Natal dos Simples. JOSÉ AFONSO.
  4. Despedida de ano vello. TRADICIONAL / UXÍA SENLLE- JUAN EIRAS.
  5. Canto de Reises de Mosende. TRADICIONAL. Letra e adaptación ó galego de UXÍA SENLLE.
  6. As xaneiras. TRADICIONAL DE PORTUGAL. Melodía instrumental de Uxía Senlle.
  7. De Vila en Vila. TRADICIONAL /JUAN EIRAS-UXÍA SENLLE.
  8. Kikirikí. TRADICIONAL/ UXÍA SENLLE- JUAN EIRAS.
  9. Chegaron a pé. UXÍA SENLLE.
  10. Romance vello. TRADICIONAL/ UXÍA SENLLE-JUAN EIRAS. Melodía instrumental de RAQUEL DOMÍNGUEZ.
  11. Alerta, Pastores, Alerta. TRADICIONAL DE PORTUGAL/UXÍA SENLLE- JUAN EIRAS. Melodía instrumental de Uxía Senlle.

QUE O PANO NON ME NAMORA

Xénero:
Voces
Ano:
2002
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Primeiro traballo discográfico deste grupo de mulleres de Sanguiñeda, creado a partir dun curso de cantos populares impartido por Uxía Senlle en Mos, ao que se uniron despois os múscos. Malvela ofrécenos aquí unha selección de cantigas populares galegas e portuguesas, ademais de dúas composicións propias, sen alonxarse do son tradicional. Intérpretes: Voces: Carmen, Merchi, Maruxa, Dina, Silvina, Fita, Matilde, Auri, Isolina, Señora Carme, Raquel, Julia, Teresa, Adela, Carmiña e Clara Juan Eiras: acordeón e piano Raquel Domínguez: gaitas en do, re, e frautas de pico Ana Senlle: pandeireta e triángulo Viqui Pérez: cavaquinho, pandeireta e tarrañolas Colaboracións: Dorinda Álvarez: voz en “Sanguiñeda ten a sona” Toniño López: bombo e tamboril Moisés Quintas: guitarra, low whistle e arranxo en “Estreliña do luceiro” Bernardino: voz recitada en “Sete saias” e “Malhao de Bernardino” Segundo Grandío: palmas en “Malhao de Bernardino” Uxía: voz en “Fía na roca” Cuarteto de corda “Ephimere” en “Sachadeiras”: Rosita Gayoso: violín Mario Peris: violín Isabel Figueroa: violonchelo Javier Escobar: viola Edita: Edicións do Cumio, S.A. Produción: Uxía Senlle

Pezas

  1. Aquí teño de cantare. TRADICIONAL / UXÍA. Arranxo: JUAN EIRAS /UXÍA SENLLE
  2. Sete saias. TRADICIONAL PORTUGAL. Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  3. A Maruxiña. TRADICIONAL. Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  4. San Fins. TRADICIONAL. Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  5. O, que linda rama. TRADICIONAL ALENTEJO (PORTUGAL). Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  6. Estreliña do luceiro. TRADICIONAL. Arranxo: MOISÉS QUINTAS
  7. Xota para Agolada. JUAN EIRAS
  8. O arrieiro. TRADICIONAL / JUAN EIRAS. Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  9. Barciademera. TRADICIONAL / RAQUEL DOMÍNGUEZ. Arranxo: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  10. Sachadeiras. TRADICIONAL. Arranxo: JUAN EIRAS
  11. Alborada de Severina. RAQUEL DOMÍNGUEZ. Arranxo: JOSÉ ZAS
  12. Fía na roca. TRADICIONAL. Arranxos: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  13. Malhao de Bernardino. TRADICIONAL MINHO (PORTUGAL). Arranxos: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE
  14. Sanguiñeda ten a sona. TRADICIONAL. Arranxos: JUAN EIRAS / UXÍA SENLLE